Un día máis, o colectivo cidadán 15M, puxo todo o aporte técnico e humano necesario para dar a benvida a tres representantes políticos ao noso espazo de diálogo aberto coa cidadanía: Partido Humanista, Equo e o Partido Comunista dos Pobos de España. De novo, discurriron as preguntas dos alí presente sobre o programa electoral de cada un dos invitados, así coma doutros asuntos de actualidade e interese xeral.
Compre recordar os obxetivos deste formato:
Por un lado, queremos alexarnos dos consabidos mítines políticos ao que nos teñen acostumados os partidos políticos maioritarios, así como a difusión que de eles fan os medios de comunicación. Por ese motivo, o 15M quixo convocar a todo o espectro político que se presenta pola provincia de Pontevedra, pois entendemos que a única forma de distanciarse do bipartidismo en tempos de campaña electoral, é a de dar a coñecer a pluralidade de opcións que temos os cidadánas á hora de escoller aos nosos representantes. Por iso, seguimos a lamentar que certos partidos rexeitaran a nosa invitación, así como os medios de comunicación por non dar voz a inicitaivas cidadáns pioneiras na nosa cidade como é o caso que nos ocupa.
Por outra banda, outro dos obxetivos non menos importante de Pontevedra Pregunta, é o de acercar á sociedade á vida política a través da interacción de ambos, nun ambiente transparente e sen intermediarios. Mais, facendo a análise da xornada de onte, lamentamos as limitadas destrezas amosadas polos representantes dos mencionados partidos, que non souberon aproveitar a acasión brindada neste foro, xa que, vencidos quizais polo nerviosismo -feito que en absoluto sometemos á crítica-, nin transmitiron contidos eficaces sobre o seu programa, nin solventaron a maioría das dúbidas prantexadas. Do mesmo xeito, reprobamos a actitude dunha das convidadas que, facendo caso omiso das normas máis elementais de educación, non foi quen de adaptarse ao espazo que estabamos a ocupar, é dicir, o Salón de Actos dunha facultade, amosando total desprecio tanto polos seus compañeiros de escenario coma polo público presente, ao dispoñerse a liar un cigarro durante a intervención doutro portavoz. Consideramos que cada situación, merece o seu espazo e, dende logo, o paraninfo dunha universidade e o evento do que se trataba, non parecen os máis axeitados para tal actitude. Sexa quen sexa o representante que teñamos enfronte, esiximos a excelencia profesional que se lle supón.
Con todo isto, hoxe as 20:00h., comezará a derradeira xornada deste ciclo, na que os ineterpelados nesta ocasión, serán:
- PACMA
- Esquerda Unida
- Izquierda Anticapitalista
Esperámosvos a todos.

Núm. 3
soutelo
17 noviembre, 2011
A presentación escenica de Indignate Pontevedra ,na mesma linea de bon facer que no dia anterior.Toda unha perfecta posta en escea.Os medios de comunicaión na sua linea de ocultamento da realidad ,¿o mundo ao revés a concenza?.Inda non se percatron da excelente infraextructura informatica do movimento mediante o aporte persoal de cada unhas das persoas cos seus aparatos personales informaticos e a alta cualificaión informatica de cada uns deles.Asi saen unhs repotaxes aos dias seguentes que navegan pola red que da gusto,se cadra resulta que o Diario de Pontevedra e Localia ” non capiscan” a perfecta difusión do movemento polo espazo global.pois que segan durmindo o sono ” da non posta ao dia”.Pontevedra non poide permitirse un xornal de estas caracteristicas,Pontevedra ten que ter un Xornal serio,acorde cos tempos,non uha prensa obsoleta ,e sen ningun rigor periodistico.
Con respecto aos tres representantes politcos de onte ,francamente :non son de recibo.Si,extrañoume moito Equo,esperaba un poco mais,pero ben ,temolo que decire ,temos que ser obxetivos.,pero tamén disculpemolo pola premura con que tiveron que presentar as listas para lograr os avales.Con respeto ao Partido Humanista e ao partido Comunista dos Pobos ,sinceramente non e de recibo a falla de preparación…¿porque se presentan?estos dous ultimos partidos ni un soi militante os aconpañabaos…¿tiñanos ?¿teñenos?..
Polo demais todo ben ,a organización estupenda,os moderadores o mesmo ,o sevizo de microfono pra as preguntas o mesmo tamén ,eo protocolo tamen na mesma linea ,sen esquecernos do servizo de prensa,na venta do noso xornal mensual.
Esperemos que hoxe todo vaia na mesma linea ,o plato forte e Esquerda Unida.
Apertas agarimosas
Parabens
18 noviembre, 2011
Gostei bastante do Partido Comunista dos Pobos de España. O meu voto para eles!