Aburguesamento da sociedade e a conseguinte alienación, por Manuel Cadahía.

Publicado en 27 abril, 2012 por

5



Dende hai moitos anos, todos soñamos cunha vida chea de bens materiais que o sistema nos vendeu, por activa e por pasiva, como “unha vida mellor”, sen nombrar que non ten en conta o noso impacto no medio ou noutras persoas (como os traballadores chineses escravizados).”Unha vida mellor”, para este sistema implica un coche máis grande, unha casa propia, unha pantalla de plasma para ver o fútbol, vacacións exóticas tódolos anos, portatiles cada vez máis potentes, todo o mundo con móvil, é difícil que a xente abdique desta idea incluso cando non ten os cartos para obter tódolos bens. É máis, todos cremos firmemente nela, sen cuestionar a viavilidade da mesma, nin económica nin medioambientalmente. De feito o dogma que o sustenta, isto é, que os máis listos son os que se aproveitan mellor do sistema (non digo intelixentes, intencionadamente), fainos entrar nunha pelexa individualista cos nosos iguais. Mentres pelexamos uns cos outros e pasamos por riba doutras cabezas para conseguir os nosos soños, alimentamos ao sistema e ímonos alienando con él.

Isto non quere ser unha “cruzada” contra o progreso, pois os avances en xeral son positivos. Os teléfonos móbiles permítennos comunicarnos instantaneamente con calquera parte do mundo, iso é un paso de xigante. Pero é necesario que cada 2 anos cambiemos o aparato? Os coches son fantásticos, xunto coa rede de estradas, dannos movilidade por toda Galicia, impensable hai só 40 anos. Pero cumpridos 100 anos do primeiro motor a carburación é necesario que sexan aínda a carburación? Ou fai falla un coche máis grande e máis bonito cada vez? As pantallas foron un fenómeno que marcou unha entrada de cheo nesa alienación, tiraronse ou aparcáronse televisores de tubo que funcionaban perfectamente, para desfrutar dunha pantalla plana na que recibir as mensaxes alienantes. Algúns coñeceredes os termos obsolescencia programada, creada polas empresas para reducir o ciclo de vida dos produtos, e a obsolescencia percibida, como un “troiano” que o sistema implantou no noso cerebro para que desbotemos os productos antes de que remate a súa vida útil. Contra a primeira non podemos loitar directamente, pero contra a segunda sí que podemos:  educándonos, non só a nós mesmos, senón tamén aos demáis. Cada vez que nos digan: “debías cambialo, xa está moi vello”, deberíamos respostar: “está pagado e aínda funciona”.

Falando de avances beneficiosos ou positivos, se pensamos na alimentación, cada un dos avances é unha aberración comparado co anterior. Vivimos unha epidemia de cancro da que ninguén fala; parece normal que de repente sexa máis doado padecer un cancro ca ter traballo. Entrade en calquera supermercado e veredes nas etiquetas dos alimentos múltiples sustancias (E-330, E-220, E-306…) un tanto sospeitosas para a nosa saúde. Cal é a resposta das autridades de control sanitario? Que en doses pequenas non causan problemas e axudan a manter os alimentos en bó estado máis tempo. Pero esas pequenas cantidades convertense en inmensas se a nosa dieta depende exclusivamente de produtos transformados pola industria alimentaria; se comes salchichas, donuts, pizzas precociñadas, lasañas, xamón cocido, bebes coca-cola ou zumes,… Se tódolos días da túa vida inxires esas pequenas cantidades, a acumulación de sustancias que non somos capaces de metabolizar, poden ser o desencadeante de procesos cancerosos. Por non falar da revolta verde, apoiada no petróleo e nos fitosanitarios, herbicidas… Que contamina o chan e as augas, e enferma aos propios agricultores, de grandes extensións de monocultivos(importante o “rondú” de Monsanto -roudup-). Na Galicia rural percíbese moi ben todo este proceso: hoxe non hai cultivo que non leve algún tipo de herbicida, esquecemos cómo se cultivaba antes de que aparecesen estes produtos. Precisamos clases de ecoloxía para coidar o medio, pero tamén para aprender a comer os produtos da estación, sen necesidade de lles botar conservantes e demáis “potingues”.

Antes matábanse porcos en tódalas casas (aínda que este ano xa se mataron máis que o anterior) e todos os veciños botaban patacas, ao principio sen fitosanitarios, participaban na colleita e queima dos escarabellos, e plantaban outros cultivos intercalados que evitaban en parte a pragas. Pero se a vida aburguesada nos afastou do campo, non digamos xa dos traballos físicos do campo, que sixelamente deixáronse de lado para mercar produtos precociñados ou prefabricados, esgrimindo o argumento de que son máis baratos e que se perde menos tempo cociñando, aínda que sexan auténticas bombas para os nosos organismos. Alomenos, o colesterol da carne de porco elíminase mediante o exercicio, que para algo inventamos a ruta do colesterol, pero como eliminaremos os conservantes, antioxidantes e demáis familia?
Pódese dicir que unha parte da sociedade actual comeza a espertar: desbotouse o  uso de moitos fitosanitarios para os cultivos e a razón comeza a cuestionar o que noutrora era normal. Esa vida aburguesada que nos venderon, a min o primeiro, facíanos percibir como natural o que nos estaba desvirtuando e matando, é dicir, o máis antinatural. Ou sexa, estábamos completamente alienados. Por qué? Porque non queríamos renunciar a esa vida de ensoño (consigue un bó soldo, merca o que precises e poderás ser feliz). Xustificaste a ti mesmo as aberracións do sistema que che promete unha vida con todo tipo de luxos e comodidades.

Como dixen antes, moita xente comeza a darse de conta de todo isto, pero tamén hai moitos que non. Prefiren non pensar nisto e agardar a que alguén lles solucione o problema, asustados coma un rabaño de ovellas (“A doutrina do shock”), xustificando para sí todo o que fai o sistema, con obxecto de manter o beneficio e o poder duns poucos, pensando que eles tamén se poderán beneficiar algún día. Aínda que na realidade iso signifique renunciar aos seus propios dereitos, limítanse a rezar para non ir a peor: “Virxe do Carme que me quede como estou”. Eu véxoos como alumnos aos que lles pos unha proba e lles das a posibilidade de escoller dúas aulas para facela; nunha das aulas alguén lles dará a resposta e na outra teran que facer o exame por sí memos. Seguro que xa o pensastes, a maioría escollerá a clase onde lle sopran a resposta. Ben, mentres a resposta que lles sopran sexa a correcta, non haberá problema: exame aprobado sen esforzo e todos contentos. Pero un bo día o soprón canta respostas erróneas; o exame ven suspenso e o alumno xustifica a resposta diante do profesor con cen mil reviravoltas sen lóxica nin xeito ningún. Cada vez que o profesor lle intenta explicar o erro, el só pensa en xustificar a súa resposta e… a ver se para a próxima vez ven alguén soprarlle que teña mellores solucións. Con isto quero dicir que moita xente, aínda que intúe que algo está mal, xustifica o sistema ata o final. E non lles importa que ti cuestiones os seus dogmas, eles contentanse con crerse a sí mesmos e ter fe no elixido. Por iso creo que esta ten que ser unha evolución persoal, na que uns nos temos que reforzar aos outros con lóxica e non con dogmatismos. Espertar e pensar por un mesmo. E aos dogmáticos, dicirlles que cando se caen os dogmas non desaparece o mundo, só caen as cadeas mentais coas que nos escravizan. Son consciente de que aínda teño algún dogma enquistado, e moitos outros dos que nin sequera son consciente, pero espero que vós me axudedes nesa tarefa de concienciación, primeiro dun mesmo e despois de divulgación aos demáis.

Grazas por ler ata o final.

Manuel Cadahía.

About these ads
Posted in: Blog