Axenda

Publicado en 21 mayo, 2012 por

4


SELLO


Próximos eventos confirmados

Tódolos mércores nos reunimos ás 20.30h na Praza de España ou no caso de chuvia no baixo do local de sindicatos (rúa Pasantería, frente ao Museo Provincial). De forma alterna un mércores é reunión de traballo e, ao seguinte, Asemblea.

Maio

  • Luns 21 ás 22h (Peregrina): Concentración-enterro da educación pública. Irán vestidos de negro e levarán velas, convocan sindicatos e ANPAS.
  • Martes 22 ás 20.00 h (Peregrina): Manifestación contra os recortes en educación, convocan sindicatos varios e ANPAS.
  • Mércores 23:
    • Ás 20:30h:  Asemblea na Alameda.
    • Ás 22.00h: sentada-cacerolada contra a reforma laboral diante da subdelegación, convoca sindicatos. O15M asiste coma bloque crítico:  contra a reforma laboral e polo espertar sindical: Esta reforma non se negocia, derógase!
  • Xoves 24:
    • Ás 12.00h sentada-cacerolada contra a reforma laboral fronte Subdelegación Goberno.
    • Ás 20.00h Entrega Premio cidadán da Federación Teucro a Indígnate  Pontevedra no Teatro Principal.
About these ads