L’estaca

Posted on 15 junio, 2011 por

7



É salientable como a intelixencia colectiva é capaz de reformular vellos símbolos e enchelos, de novo, de significado.

Corría o ano 68 cando un rapaz chamado Lluís Llach compón unha canción que estaría chamada a ser un dos himnos da resistencia antifeixista: L’estaca.

Hoxe, o pobo volve coller esa bandeira e facela súa, para rematar o traballo que comezou vai oitenta anos. Hoxe, como entón, a xente sae á rúa reclamando liberdade, xustiza e dignidade.

A loita pola emancipación é tan antiga como o mundo. Esta terra tremeu cando o pobo erguéuse contra os señores nas guerras irmandiñas. Só poido ser acalado cunha terrible represión na que os poderosos “encheron os carballos de vasallos”.

Despois de seis cinco séculos dando de comer a nobles e reis, os nosos abós foron quen de botar ó Bourbon e comezar a construcción dun Estado social e igualitario. De novo, os poderosos remataron as arelas de liberdade do pobo pola vía do xenocidio, cando Igrexa, exército e burguesía adoptaron o ideario feixista para defender os seus privilexios fronte os traballadores.

Nós somos parte dun movemento con séculos da antigüidade, a loita da xente por desfacerse dos parásitos que medran grazas ó traballo alleo. Mudan os tempos, muda o decorado, pero a función segue a ser sempre a mesma.

Anuncios
Posted in: Temas