Os Salteadores

Posted on 25 junio, 2011 por

0



pra que ergan o puño

Quen coñeza a vila portuguesa de Chaves, poderá recoñecer nos debuxos a avenida que ven de Vila Real e chega á ponte romana sobre o Tâmega, camiño de Verín. A esta terra que separa, ou xungue Galiza e Portugal chámaselle a Raia Seca.

Os feitos narrados na curtometraxe son unha ficción baseada nun conto de Jorge de Sena. O que non é ficción foi o bombardeo de Cambedo, unha aldea a pouca distancia da aduana de Feces (o lugar onde, na película, a policía portuguesa entrega ós guerrilleiros). O máis salientable deste feito, foi a colaboración entre os gobernos feixistas de Franco e Salazar, entrando tropas españolas (Garda Civís e falanxistas) en territorio portugués, para bombardear con fogo de morteiro unha aldea doutro lado da raia.

Outras páxinas sobre ó maquis na Galiza e a represión feixista:
Santoral Laico da comarca das Frieiras (A Gudiña, A Mezquita e O Riós)

Apuntes sobre la resistencia antifranquista en el Norte de Portugal

O CAMBEDO DA RAIA 1946. Solidariedade galego-portuguesa silenciada

La federación de guerrillas de León-Galicia

Principales partidas guerrilleras en Galicia, León y Zamora

El movimiento guerrillero en Galicia-León

Atila

Os debuxos, moitos terédelos recoñecido, son da serie Atila en Galicia, de Castelao. Castelao adicou outros dous álbumes máis ó tema da sublevación militar: Galicia Mártir e Milicianos.

Xa para rematar, o mapa de fosas no Estado español. Nunca chegará a estar completo e, nalgunhas áreas, é moi fragmentario debido ós atrancos das autoridades rexionáis (Castela A Vella, no que os datos son de investigacións de asociacións de particulares).

Para continuar a andaina: Foro por la memoria

Anuncios
Posted in: Temas