Andaina Indignada

Posted on 26 junio, 2011 por

1



Mañá dará comezo a Andaina Indignada cara Madrid, na que xente de distintos puntos de España converxerán na capital nunha serie de emotivos e festivos actos, proba de que todos estamos polo mesmo . É outro xeito de seguir reclamando o mesmo: unha Democracia participativa, na que os banqueiros deixen de ter as poutas metidas no podere político e sexa recuperado para o pobo.

As acampadas de Vigo e Pontevedra citáronse ás 7:00 do día 27 de Xuño na Praza Maior cos compañeiros ourensáns, de onde se sairá cara Ponferrada para reunirse coas columnas procedentes do Norte de Galicia máis os bercianos. En Benavente os asturleoneses engrosarán o grupo e dende alí, iránse sumando os compañeiros casteláns até chegar a Sol.

Para máis informacións:

Blog Marcha Popular Indignada
Documentación para la Ruta Noroeste

Anuncios
Posted in: Blog