Marcha Popular Indignada Noroeste en Ponferrada.

Posted on 6 julio, 2011 por

0



Hoxe fai dez días que os nosos compañeiros comezaron unha dura ainda que moi loable aventura: a Marcha Popular Indignada cara Madrid. As etapas van caendo a medida que novos grupos se incorporan á que se coñece como a Ruta do Noroeste. En torno a vinte persoas compoñen esta ruta; membros das acampadas de Pontevedra, Ourense, Santiago, Vigo e próximamente León, Asturias, etc.

Grazas á comunicación que periódicamente mantemos con eles, sabemos que a experiencia está a resultar moi positiva. A chegada ás diferentes vilas e ciudades polas que discurre a Marcha, o recibimento está a ser moi alentador. A xente asiste ás Asambleas que diariamente se organizan e a súa colaboración en cuestións loxísticas tamén está sendo de agradecer.

Hoxe teñen por diante unha etapa de case 21 kiómetros entre as poboacións de Riego de Ambrós e Rabanal del Camino e mañán, despois de outros 20 km, chegarán a Astorga.

O luns día 4, entrando en Ponferrada, un equipo de BierzoTV, acudiu ó seu encontro para dar cobertura local a tan encomiable evento. Afortunadamente, a rede de redes permite que unha noticia de ámbito local chegue a calquer punto, así que poñemos á disposición de todos, e con moito orgullo, o corte que estes compañeiros protagonizaron:

 

http://www.bierzotv.com/html/2011/07/2011070401_marcha-noroeste-indigandos-llega-a-ponferrada.html

 

Anuncios