A chuvia non nos pare hoxe, a pola xornada medioambiental!

Posted on 9 julio, 2011 por

0



Con chuvasqueiro e catiuscas e moita ilusión, este serán non nos parará a chuvia. Imos apoiar aos colectivos Os palleiros e Vai polo río na súa xornada medioambiental, vinde tamñen cos cativos.

Agardámoste ás 18.00 horas na fonte do Gorgullón (perto da estación de autobuses) de onde partirá unha andaina polo Gafos onde nos explicarán a flora e fauna.

Ao rematar, as actividades serán no Centro Social de Gorgullón, rúa Curtidoira s/n, ao carón da residencia de maiores Soremay (paralela a Eduardo Pondal):

– Representación de Pinga Teatro sobre o respeto aos animais.

– Actuación de Erre que Erre, con Raúl, poeta urbano, como principal intérprete. Ofrecerá un concerto con versións de temas de Silvio Rodríguez e Sabina, ademais música de rumba para animar a festa.

– Actuación do grupo de música e baile tradicional Os Chichisos.

Anuncios