Activistas represaliados por defender os animais – por Sara Iglesias.

Posted on 10 julio, 2011 por

1



Na mañá do 22 de xuño, houbo unha acción sen precedentes no noso país contra os defensores dos animais. Preto de 200 axentes da Garda Civil (moitos deles usando pasamontañas  e metralladoras) prenderon a 11 activista, invadiron as súas casas, facendo rexistros e collendo todo o que lles  parecía.

Os activistas permaneceron varios días en confinamento solitario nas súas celas. Unha delas, Sharon Núñez, tivo que ser hospitalizada con graves problemas de saúde agravados polas condicións nas que se encontraba.

Finalmente, nove activistas foron liberados con cargos e tres deles, Olaia Freiría, Eneko Pérez e Eladio Ferreira, foron enviados a prisión, onde permanecen até hoxe.

As acusacións absurdas que foron presentadas contra eles inclúen crimes contra o medio ambiente, violencia, invasión de domicilio dunha persoa xurídica e apropiación ilícita. Tamén foi argumentado que os sitios web das organización animalitas as que pertencen os acusados inclúen instrucións sobre como facer explosivos. Comentarios totalmente fóra de lugar sabendo que tanto Equanimal coma Igualdade Animal son organizacións que actúan de forma pacífica e que traballan de forma aberta e  transparente, revelando a identidade dos activistas que realizanas accións, e mesmo convidando aos xornalistas a acompañalos para testemuñar investigacións,  rescates e difundir á sociedade a realidade da explotación animal.Esto non é, polo tanto, máis que un  intento de criminalizala acción das dúas organizacións. Pódese ver aquí o resultado da presión de sectores implicados na explotación dos animais, os cales, non queren ter a difusión na sociedade que Equanimal e Igualdade animal lles están dando.

Animámosvos a que vos manteñades informados do que está acontecendo e visitedes as páxinas de:

http://www.equanimal.org/http://www.igualdadanimal.org/

Fdo. Sara Iglesias

Anuncios