Sesión inaugural do “Clube de lectura pensamento crítico”

Posted on 10 julio, 2011 por

0



A sesión inaugural do “Clube de lectura pensamento crítico” que tivo lugar o xoves, no Palco da Música de Pontevedra, foi todo un éxito de asistencia, tendo en conta a simultaneidade de eventos. Acudiron 14 persoas, das que a metade non estaban apuntadas previamente, polo que o medio boca a boca resultou moi efectivo.

Na xuntanza tras a presentación do espazo plural de reflexión, debate e aprendizaxe en colectividade concluiuse:

Que os encontros faríanse con frecuencia semanal todo os xoves as 20.30 horas, a excepción do último Xoves de cada mes para poder asistir a “masa crítica”.

A intervención nas reunións non será forzosa. Os encontros comezarán cunha pequena introducción da moderadora, para dar paso ao análise e intercambio de opinións que se levarán a cabo no debate. Neste debate pódense intercalar algunhas pasaxes notorias ou artigos ao respecto. Remataremos compilando as reflexións nas conclusións grupais derradeiras sobor do material lido.

O moderador/a do grupo poderase variar en función de cada libro, por exemplo, se un lector propón un libro podería tamén dirixir o seu debate, posto que probablemente será o que mais coñecementos teña sobre él.

O moderador prepará as sesións contextualizando ao autor/a e a súa obra, facendo protagonista ao grupo.

Os libros ou artigos que se lean deberan de cumplir uns prerrequisitos:

• Disponibilidade dun exemplar para cada lector/a (Punto crítico que precisa da colaboración de todos os membros)

• Ter menos de 600-700 páxinas

• Ter sido lido por algun dos compoñentes do clube primeiro, para poder xulgalo por adiantado, podéndose excepcionar este punto se o autor/a é de recoñecido prestixio neste altermundo e/ou o grupo así o decide.

• Aprobado polo conxunto d@s lector@s.

A cantidade de páxinas a ler para cada reunión poderá variar en función do libro, decidíndose polo grupo na sesión previa. Neste senso, para o próximo xoves 14.7.2011, leerase o primeiro artigo do libro “Como nos venden a moto” de Noam Chomsky e Ignacio Ramonet que comprende as primeiras 48 páxinas.

Co tempo poderemos tentar organizar actividades culturais paralelas como visionado de audivisuais, asistencia a espectáculos, visita da nosa cidade, maratóns de pensamento crítico, etc. , que apoiarán os obxectivos do grupo.

En conclusión, nesta búsqueda de coñecemento tentaremos comprender mellor a realidade e acadar as ferramentas precisas para fortalecer unha sociedade democrática, solidaria, ecolóxica e sostible. Neste senso, o ideal sería difundir as conclusións acadadas e reformular propostas viables en colabaración cos movementos sociais existentes e emerxentes.

Anuncios