Contraxuntanza presidentes deputacións do PP

Posted on 14 julio, 2011 por

4



NOVO HORARIO! 10.30 HS NA ALAMEDA
O vindeiro 18 de Xullo na cidade de Pontevedra haberá unha xuntanza do Partido Popular cos seus presidentes das Deputacións Provinciais, que presiden no estado español co obxecto de “coordinar propostas municipais”.
Estes presidentes serán os de:
A Coruña, Albacete, Alacant, Almería, Ávila, Burgos, Cáceres, Cádiz, Castelló, Córdoba, Cuenca, Granada, Guadalaxara, León, Málaga, Ourense, Palencia, Pontevedra, Salamanca, Segovia, Soria, Teruel, Toledo, Valencia, Valladolid, Zamora e Zaragoza.
Estes presidentes non son elixidos de xeito directo polos cidadáns e cidadás das provincias, senón que se conforman segundo o número de edís conqueridos por cada partido nas furnas.
Algúns feitos que nos indignan son:

-Contas opacas en números moito máis que vermellos e amiguísmo á hora de repartir os cartos aos concellos.

-Nalgunhas o 86´5% do presuposto son para “gastos de mantemento” e só o 13´5% para inversión.

-En 2009 xestionaron 6.700 millóns de €, do cal o 60% destinouse a gasto corrente.

-Exame de oposición do “dedo” que consiste en que sobre un 80% dos traballadores son elixidos segundo conveña ao “presi” que toque esta lexislatura.

-Presuntos financiamentos ilegais aos partidos por contratacións enerxéticas e demáis.

-Si ZP cobra 89.303€ en 2007 Celestino Corbacho na Deputación de Barcelona engadía 144.200€ na súa conta, 97.339€ Enrique Martín de Palencia tamén se sumaba a isto entre outros. A maiores diso, están outros caciques coma Xosé Baltar en Ourense que lle “toca” o soldo de presidente e o compaxina coas empresas polas que tamén cobra.

-Conselleiros para os presidentes como Fabra en Castelló que ten 36 e cobran globalmente 1.173.000€; Albacete e Cádiz 15…

Subliñar que existen estas administración grazas a PPSOE,CIU…nembargantes, coa contra doutros coma BNG e IU.
Por isto e por outras moitas cousas pedimos a eliminación destas “oficinas de colocación” e convocamos unha “contra” xuntanza contra esta xente que NON NOS REPRESENTAN!

Alén diso, dende os INDIGNAD@S de PONTEVEDRA facemos o chamamento para Galiza e a xente indignada que queira engadirse do estado español. Divulgade isto á xente doutras acampadas, coñecidos… ACUDIDE!

Anuncios
Etiquetado:
Posted in: Blog