Comunicado de condena dos feitos acontecidos en París

Posted on 22 septiembre, 2011 por

4




A Asamblea de Pontevedra, reunida o día 21 de setembro de 2011, aprobou por consenso o seguinte comunicado:

O colectivo de persoas do movemento 15-M Pontevedra quere manifestar o rexeitamento e repulsa aos actos de violencia que a policía francesa exerceu o pasado 19 de setembro, sobre os compañeiros indignados das Marchas cara Bruselas.

  • Condenamos a brutal represión exercida sobre uns cidadáns pacíficos que non presentaban resistencia violenta algunha nas rúas de París. Sen realizar ningún acto ilegal, foron rodeados, gaseados e golpeados, tendo coma resultado un total de oitenta persoas detidas e tres feridos de diversa consideración, entre eles, José Luis Chups, benquerido compañeiro desta Asamblea.
  • Queremos amosar o noso total apoio e solidaridade cos compañeiros afectados polas cargas policiais, e esiximos unha explicación pola actuación policial e a reparación de tódolos danos sufridos por parte das autoridades francesas e españolas. Condenamos calquera xeito de violencia,  especialmente, aquela exercida de forma abusiva dende unha posición de poder, coma neste caso, a da policía francesa sobre os cidadáns aos que presuntamente deben protexer e defender.
  • Reivindicamos o dereito de libre circulación das persoas, o dereito de xuntanza, de manifestación e o dereito á liberdade de expresión.
  • Condeamos tamén o silenzamento e a manipulación mediática dos feitos e apelamos á ética xornalística por riba dos intereses dos grandes grupos que controlan a comunicación. É imprescindible que o conxunto da cidadanía teña coñecemento dos feitos acontecidos en Francia, a protesta e acampada de mozos indignados neoiorquinos en Wall Street, así coma as accións que o movemento 15M está a realizar nos últimos tempos no noso país. Silenciar as nosas xuntanzas e manifestacións, tal e coma a que se celebrou o pasado domingo en contra da privatización dos Servicios Públicos na nosa localidade, demostra unha vez máis a censura á que os cidadáns estamos sometidos dentro deste  suposto estado de dereito sendo, os medios de comunicación, cómprices e parte activa desta estratexia de silenzamento e desprestixio ao que nos pretenden someter.

Dende a Asamblea de Pontevedra, mostramos apoio incondicional aos nosos compañeiros, a nosa admiración pola súa loita e a nosa repulsa á represión policial e ao silenzamento mediático.

DE NORTE A SUR

DE ESTE A OESTE

A LOITA SEGUE

CUSTE O QUE CUSTE


Pontevedra, a 23 de setembro de 2011.

Anuncios
Posted in: Blog