Xornadas “PONTEVEDRA PREGUNTA”.

Posted on 14 noviembre, 2011 por

3




Iniciada a derradeira semana de campaña electoral, o Movemento 15M – Indígnate Pontevedra organiza as xornadas “Pontevedra Pregunta” que terán lugar os días 15, 16 y 17 de novembro no salón de Actos da Facultade de Belas Artes, a partires das 20:00 h do serán.

Trátase dun espazo no que a cidadanía terá a oportunidade de plantexar directamente, dúbidas e preguntas aos candidatos que pola nosa cidade aspiran a sentarse nos sillóns do Congreso e do Senado.

A iniciativa xurde da imperiosa necesidade que os cidadáns temos de interactuar cos políticos que nos queren representar. Cousa para a que non hai lugar nas convencionais campañas electorais que se veñen organizando. É preciso dispoñer da posibilidade de falar directamente con eles, acerca do seu programa electoral ou calquera outra dúbida que se teña con respecto a estas eleccións e ós catro anos de veñen por diante.

O formato estructúrase primeiramente, cunha pequena presentación de cada un dos partidos. 7 minutos, nos que poderán falar do seu programa, dos seus obxectivos ou sobre aquelo que poidan considerar interesante para o debate. Finalizadas as presentacións comezará a rolda de preguntas por parte do público asistente, tralo que os candidatos terán un tempo de resposta de 90 segundos. seguidamente, a persoa que plantexa a pregunta, poderá matizar ou pedir algunha aclaración relativa a resposta, dando paso ó correspondente turno de réplica para o que o candidato terá outros 60 segundos.

O Movento 15M –Indígnate Pontevedra, asume este reto con moita ilusión, pois este é un verdadeiro exercicio democrático no que os políticos baixarán das poltronas para expoñerse cara a cara ós cidadáns aos que se deben. Invitámosvos a todos a participar deste acontecemento tan saudable para a democracia.

O calendario das intervencións é o seguinte:

  • Martes 15: BNG, UCE (Unificación Comunista de España), UPyD.
  • Mércores 16: Equo, Partido Humanista, PCPE (Partido Comunista de los Pueblos de España)
  • Xoves 17: IU, PACMA, Anticapitalistas.

Agardámosvos, pois isto é de tod@s e para tod@s.

Anuncios
Posted in: Blog