2ª xornada de Pontevedra Pregunta

Posted on 17 noviembre, 2011 por

2




Un día máis, o colectivo cidadán 15M, puxo todo o aporte técnico e humano necesario para dar a benvida a tres representantes políticos ao noso espazo de diálogo aberto coa cidadanía: Partido Humanista, Equo e o Partido Comunista dos Pobos de España. De novo, discurriron as preguntas dos alí presente sobre o programa electoral de cada un dos invitados, así coma doutros asuntos de actualidade e interese xeral.

Compre recordar os obxetivos deste formato:

Por un lado, queremos alexarnos dos consabidos mítines políticos ao que nos teñen acostumados os partidos políticos maioritarios, así como a difusión que de eles fan os medios de comunicación. Por ese motivo, o 15M quixo convocar a todo o espectro político que se presenta pola provincia de Pontevedra, pois entendemos que a única forma de distanciarse do bipartidismo en tempos de campaña electoral, é a de dar a coñecer a pluralidade de opcións que temos os cidadánas á hora de escoller aos nosos representantes. Por iso, seguimos a lamentar que certos partidos rexeitaran a nosa invitación, así como os medios de comunicación por non dar voz a inicitaivas cidadáns pioneiras na nosa cidade como é o caso que nos ocupa.

Por outra banda, outro dos obxetivos non menos importante de Pontevedra Pregunta, é o de acercar á sociedade á vida política a través da interacción de ambos, nun ambiente transparente e sen intermediarios. Mais, facendo a análise da xornada de onte, lamentamos as limitadas destrezas amosadas polos representantes dos mencionados partidos, que non souberon aproveitar a acasión brindada neste foro, xa que, vencidos quizais polo nerviosismo -feito que en absoluto sometemos á crítica-, nin transmitiron contidos eficaces sobre o seu programa, nin solventaron a maioría das dúbidas prantexadas. Do mesmo xeito, reprobamos a actitude dunha das convidadas que, facendo caso omiso das normas máis elementais de educación, non foi quen de adaptarse ao espazo que estabamos a ocupar, é dicir, o Salón de Actos dunha facultade, amosando total desprecio tanto polos seus compañeiros de escenario coma polo público presente, ao dispoñerse a liar un cigarro durante a intervención doutro portavoz. Consideramos que cada situación, merece o seu espazo e, dende logo, o paraninfo dunha universidade e o evento do que se trataba, non parecen os máis axeitados para tal actitude. Sexa quen sexa o representante que teñamos enfronte, esiximos a excelencia profesional que se lle supón.

Con todo isto, hoxe as 20:00h., comezará a derradeira xornada deste ciclo, na que os ineterpelados nesta ocasión, serán:

  • PACMA
  • Esquerda Unida
  • Izquierda Anticapitalista

Esperámosvos a todos.

Anuncios