3ª Xornada Pontevedra Pregunta.

Posted on 18 noviembre, 2011 por

2




No penúltimo día de campaña electoral, o Movemento 15M – Indígnate Pontevedra clausurou o ciclo Pontevedra Pregunta coa súa terceira e derradeira xornada. Esquerda Unida (IU), Esquerda Anticapitalista e PACMA (Partido Animalista), foron os grupos políticos que se expuxeron ás preguntas dos cidadáns. Como os días anteriores, comezou ás 20:00h. cun intenso ritmo de pregunta – resposta, ampliada nalgunha ocasión con turnos de réplica,  que sen dúbida xeraron un clima de interacción e debate propio da idea de democracia que defendemos.

A valoración que dende o 15M facemos deste pioneiro formato é máis que positiva, tanto pola aceptación por parte da cidadanía, coma dos grupos políticos da nosa provincia, espectuando ao PP e PSOE, que como saben, declinaron a invitación reincidindo na cobarde e hipócrita actitude que veñen practicando dende hai moito tempo.

Froito das boas sensacións que nos quedan trala experiencia, estamos convencidos de que a trataremos de repetir en sucesivas campañas municipais e autonómicas, pois consideramos que representa un sano e transparente exercicio de democracia participativa.

Non queda, polo tanto, máis que agradecer profundamente aos partidos políticos participantes, aos cidadáns por amosar interese na nosa iniciativa, á Secretaría do Decanato da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e aos escasos medios de comunicación que cubriron este innovador formato na nosa cidade.

Esperámosvos en vindeiras edicións así coma no resto de actividades que continuaremos levando a cabo na loita pola defensa dos nosos dereitos e na procura dunha sociedade máis igualitaria para así conseguir un mundo mellor.

Continuaremos informando.

 

Anuncios
Posted in: Blog