Sábado solidario en Pontevedra, regalos para o Nadal

Posted on 15 diciembre, 2011 por

1



Para axudarche nas túas compras nestas complicadas datas de Nadal, AMARANTE celebrará este sábado 17 de Decembro un MERCADO TRANSPARENTE con produtos de Comercio Xusto e produtos frescos galegos na praza da Peregrina, das 11h ás 14h.

Colabora neste mercado o Sindicato Labrego Galego, ofertando tanto os seus produtos como información sobre este tipo de consumo local, sustentable, consciente e solidario.

Tamén haberá un Mercado de Troco, para que poidas conseguir aquilo que precisas a cambio do que xa non usas. Lémbrate de levar algo se queres conseguir outra cousa que che poida interesar (libros, roupa, xoguetes, etc).

Terá lugar tamén o  “Mercadillo 5 calles” con postos con produtos artesáns, de novos deseñadores, roupa de segunda man ou exposicións. Eses postos se distribuirán no interior de distintos pubs da Zona Vella. Nun deles estarán Adopcións Galicia e Difusión Felina.

A Protectora de animáis “Os Palleiros” estará ó lado do teatro Principal cunha árbore solidaria, a cambio de algo para os cans (comida, mantas, xoguetes…) danche un adorno para a árbore. Ademáis será a presentación do calendario 2012, con unha sorpresa no seu interior.

Anuncios
Posted in: Blog