Xornada de difusión por unha Sanidade Pública

Posted on 20 diciembre, 2011 por

3


difusion


Estes días puidemos ver na televisión ao novo presidente do goberno dicir que veñen tempos difíciles nos que teremos que facer grandes sacrificios. Pero, cales serán eses sacrificios?

Se nos fixamos nalgunhas das comunidades gobernadas polo PP dende hai anos, como son as de Madrid e Valencia, tal vez poidamos facernos unha idea.

Os gobernos destas comunidades están a construír Hospitais de Xestión Privada. Hospitais financiados polo sector privado que unha vez construídos son xestionados con cartos públicos polas mesmas empresas que o construíron.

Evidentemente estas empresas non son irmáns da caridade e fan isto para obter a maior rendibilidade posible. Nos hospitais de xestión privada a calidade é menor e a mortalidade maior, reducíronse os cadros de persoal, baixáronse soldos… e o peor de todo e que esta desfeita a teremos que seguir pagando durante 30 anos.

Este modelo de hospitais é o que Alberto Núñez Feijoo nos quere colocar aos galegos. Xa o fixo en Vigo e agora pretende facer o mesmo na nosa cidade co hospital de Monte Carrasco.

No movemento 15M somos conscientes que estas atrocidades só se poderán frear cunha sociedade informada e unida. Con esa finalidade o próximo Venres 23 de decembro a Comisión de Difusión levará acabo unha acción de difusión de dípticos informativos no Hospital de Montecelo e animamos a todos aqueles cidadáns que queiran a sumarse.

Podes subir con nós no autobús que sae da estación ás 9:20h. Nós subiremos na parada de Tráfico (detrás do Hospital Provincial), ou se o prefires podes unirte máis tarde, xa no hospital, votaremos alí toda a mañá.

A túa colaboración pode ser algo tan sinxelo como pedirnos 5 dípticos e repartilos entre os teus familiares e amigos.

ESTAMOS A TEMPO DE PARALOS. NON TE QUEDES EN CASA, INFÓRMATE E INFORMA.