MEXAN POR NÓS E HAI QUE DICIR QUE CHOVE

Posted on 13 enero, 2012 por

8



Este pasado xoves o estado español saiu aos mercados e logrou colocar o dobre da débeda que tiña previsto e cun tipo de interés máis baixo. Estupendas noticias… ou non?

Dende múltiples medios de comunicación xa se está a dicir que isto é consecuencia das medidas tomadas polo goberno de Rajoy. Parece que a alternancia no poder que garante este sistema “democrático” tan criticado funciona… ou non?

Sabedes quen é Mario Draghi? É o novo presidente do Banco Central Europeo (BCE).

Sabedes quen foi? O vicepresidente en Europa do banco norteamericano de inversións Goldman Sachs, unha das entidades especuladoras creadoras da actual crise financieira que está a sufrir o mundo.

Sabedes o que acaba de facer este señor? Permitir que o BCE lle preste cartos aos bancos cun interés dun 1% para que así poida fluír o crédito.

Sabedes que fixeron os bancos con eses cartos? Mercar deuda española e italiana cuns intereses dun 3-4%.

É dicir, os cartos do BCE van a servir para pagar a débeda dos estados, pero polo medio pasan polas mans dos bancos para que estes gañen cartos porque si.

E digo eu, non sería máis fácil que o BCE lle prestase cartos aos estados directamente cun interés dun 1%? É cousa miña ou os cartos públicos que xeramos todos nós co suór da nosa frente están a pagar a débeda privada consecuencia da especulación e a mala xestión?

Terá algo que ver que isto se faga agora que á fronte do BCE está un dos causantes da crise?

Me parece que me estou volvendo un conspiranoico… ou non?

Willy Soliña