A Plataforma polo Aforro Público mobiliza aos galegos o 9 de febreiro

Posted on 8 febrero, 2012 por

2


aforro


Baixo o lema “Por unha banca pública”  a  Plataforma polo Aforro Público integrada polo Foro de Asembleas Galegas do 15M, ATTAC Xustiza Económica Global, Mesa pola converxencia, e Democracia Real Xa, convida á cidadanía a concentrarase en múltiples localidades galegas mañá xoves polo serán fronte ás sedes de NGB, símbolo da bancarización das caixas que denuncian.

O próximo xoves 9 de febreiro o colectivo fai un chamamento cidadán cunha concentración en localidades como Vigo, Pontevedra, Santiago, Lugo; Ferrol, Coruña ou Ourense entre as 17.00 e 19.00 do serán (En Pontevedra ás 19.00). Os diversos grupos protestarán fronte ás sedes de NGB, que simbolizan a “mala xestión das caixas, o proceso de bancarización e nacionalización das caixas, o fin da obra social e as indemnizacións millonarias dos directivos que  mal xestionaron as entidades financeiras”.

 A Plataforma está a recoller sinaturas para pedir á Fiscalía que actúe de oficio contra as caixas por administración deseal, polo que a concentración deste xoves non é máis que un primeiro acto de protesta dentro do seu proxecto que conta entre os seus obxetivos: esta recollida de sinaturas, facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais, como a divulgación das entidades financieras alternativas cun sentido social, como as cooperativas de crédito ou a banca ética.

 O movemento cidadáns 15M-Pontevedra, invita a tódala cidadanía a acudir á Praza da San Xosé ás 19h. con cacerolas, silbatos, etc. para facer o maior ruido posible en repulsa ao roubo sitemático ao que nos ten sometido o sistema bancario. Esperámovos a td@s.

Localidades convocantes:

  •  VIGO: 17.00 h No cruce dos 4 bancos, enfronte da porta principal de NGB R/ Colón
  • PONTEVEDRA: 19.00 h Na praza de San Xosé fronte ao antigo centro social de Caixanova.
  • SANTIAGO: 17.00 h Na Praza de Galicia fronte a sede de Caixa Galicia.
  • LUGO: 18.30 h Praza Maior perante o edificio da “Fundación Caixagalicia”.
  • OURENSE: Fronte a sede central de NovaGaliciaBanco. Rúa   Juan XXIII   31 de 17.00 a 19.00 h
  • VIGO: 17.00 h No cruce dos 4 bancos, enfronte da porta principal de NGB R/ Colón
  • FERROL: 17:30 h na rúa Galiano, onda a oficina central da Novacaixagaliciabanco
  • CORUÑA: 17.00 Fronte sede NGB