Segunda xornada do I Congreso 15-M

Posted on 2 marzo, 2012 por

3



Intentado mellorar e reforzar o traballo realizado nos últimos meses, o movemento 15 M Pontevedra convoca para este sábado día 3 de marzo a segunda xornada de pensamento colectivo.

Durante a primeira xornada afondouse no pasado do movemento, analizáronse as eivas e as fortalezas, os obxectivos cumpridos e todos aqueles que pretendemos alcanzar e que nos empuxan a seguir adiante.

Como seguir a loitar polo que consideramos xusto? Cal é a forma máis eficiente e equitativa de facelo? Afrontamos así a segunda xornada do Congreso 15M Pontevedra no que en primeiro lugar nos deteremos a reflexionar sobre o significado do movemento 15M, que é para cada un de nós? Pero, sobre todo, que é para todos nós? Procuraremos polo tanto afondar nese denominador común que nos uniu aquel 15 de Maio, e nos obxectivos que queremos alcanzar.

Desta forma, traballada a visión e os obxectivos introducirémonos nas accións a levar a cabo, e para iso é indispensable a labor dos grupos de traballo. Realizaremos unha posta en común dos grupos  en activo así como a creación dos novos grupos que sexan precisos.

Será pois unha xornada na que revitalizaremos as nosas enerxías, o noso traballo e as nosas ganas de cambiar o mundo.

A xuntanza será no local da Federación de veciños Castelao, na rúa Gagos de Mendoza S/N, ao carón dos antigos xulgados. A hora do comenzo será ás 10:30h.

Achégate, comparte!

Órde do dia. doc