Manifestación Banca

Posted on 15 marzo, 2012 por

0



O próximo domingo 25 de marzo saímos de novo á rúa por unha banca pública. Queremos manifestar a nosa repulsa aos abusos da banca. Agardámoste ás 17.30 na Avenida Montero Ríos (frente ás ruínas de Santo Domingo).

Cartel 25M

De 17.30 a 18.30 entre todos preparamos as pancartas,  escoitaremos audios relacionados co tema e poderás informarte tamén en paneis informativos. Ademais, nas nosas mesas poderás ler octavillas, colaborar co movemento adquirindo o derradeiro número do noso xornal (prezo voluntario, o custe de prodcción de de 20 céntimos),  asinando nas follas coas que pedimos á Fiscalía que actúe de oficio contra os abusos da banca ou mercando unha das nosas camisetas.

Ás 18.45 dará comenzo a manifestación coa lectura do manifesto. Ao finalizar, na mesma praza, haberá unha conferencia-coloquio a cargo do catedrático en economía, Jose Luis Outes. Se queres colaborar difundindo esta convocatoria, poñemos aquí á túa disposición os carteis e panfletos.

Reforma laboral_banca_Octavilla   Caixas_Díptico   Bancos_octavilla 1.2  Bancos_octavilla 1.1

Bancos_Díptico.