Sobre as Caixas de Aforros de Galicia…movilízate!

Posted on 20 marzo, 2012 por

15


aforro


As centenarias Caixas de Aforro de Galicia con 7000 empregados e 1100 oficinas, hai dous anos tiñan 75000 millóns de euros en activo e hoxe só valen 181 millóns, e dicir o 0’25%. Que pasou con esa cantidade enorñe de diñeiro que se esfumou? Quen é o responsable? Que está pasando?

Nos últimos 20 anos unhas cúpulas directivas de directivos ladróns e os seus parentes e amigos, adicarónse a saquear e a especular con ese diñeiro e co enorme poder que iso lles daba. Que fixeron?

1.- Saír da súa zona de traballo natural, Galicia, abrindo 300 sucursaís por o resto de España e 18 no extranxeiro!

2.- Meterse de cheo na especulación en bolsa, no ladrillo e o seu urbanismo depredador, en obras faraónicas e nos caprichos dos políticos.

3.- Abandoar a súa histórica dedicación á vivenda de Proteción Oficial e préstamo a particulares, familias e PYMES; os préstamos a empresas sempre estaban mediatizados polas súas corruptelas caciquís.

4.- Todo iso producíu enormes crecimentos nos seus balances, pero todo con pés de barro, que se afundiu coa crise.

5.- Os 200 directivos das Caixas esqueceron que eran empregados e administradores do diñeiro doutro, e se comportaron coma propietarios ricos e déspotas ( retribuccións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillorarias, etc…) concedendo préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos para gastos suntuarios, mansións, becas, etc.

Actualmente a tan cacarexada fusión das Caixas Galegas convertiuse nun grande desastre para a xente de Galicia que lles confiaba os seus aforros. Convertíronse nun Banco intervido polo Estado (que ten o 93% do seu patrimonio) que aportou 3600 millóns  euros de todxs os españxs para o seu saneamento, pero que pronto venderán ao mellor postor (seguramente os dous grandes bancos españois). Unha panda de avariciosos e ladrons galegos, botaron a pique máis de 100 anos de esforzos e pequenos aforros. Eses directivos, administradores e conselleiros, deberán ser investigados, procesados e xulgados como responsables deste saqueo e desastre. A Xunta de Galicia é responsable por ter deixado actuar impunemente, e enganándonos, ultimamente, con que a fusión era unha gran solución. O Banco de España non supervisou, que era a súa obriga, para frenar a terrible especulación; en cambio adicouse a dar consellos, que ningúen lle pedía, abaratar o despido. Os partidos galegos e sindicatos non se atreveron a pedir contas nunca e calaron ante os poderosos directores e conselleiros, hoxe fuxidos con milmillonarias compesacións e xubilacións.

Porque esta loita?

  • PARA CONSEGUIR ENXUICIAR E RESPONSABILIZAR PLENAMENTE A ESAS CÚPULAS DIRECTIVAS.
  • TEMOS CINCO ANOS DE INTERVENCIÓN ESTATAL DAS CAIXAS BAIXO O NOME DE NOVAGALICIA BANCO. NESE TEMPO HAI QUE LOGRAR QUE NON SE PRIVATICE.

Por todo isto, a Plataforma Polo Aforro Público o Foro de Asembleas Galegas do 15M, ATTAC Xustiza Económica Global, Mesa pola converxencia e Democracia Real Xa, profundamente preocupadas pola privatización das caixas e o comportamento absolutamente irresponsable do sector financeiro nesta crise, convoca para o vindeiro día 25 de Marzo un día de acción por unha Banca Pública en toda Galicia.

Podes unirte a nós en:

– Vigo: Manifestación ás 11:30 dende a Praza de España.Lectura do manifesto no cruce de Colón e García Barbón.

– Santiago: Concentración ás 18 na Alameda, con charlas e talleres sobre o tema.

– Pontevedra: Manifestación ás 18.30 dende Montero Ríos, cunha charla ó final do catedrático de economía Jose Luis Outes Ruso.

– A Coruña: concentración ás 19:00 na sede central de Novagalicia Banco, na Rúa de San Andrés no cruce coa Rúa Nova.

– Ourense: concentración de 19 a 21 horas na Rúa do Paseo, diante da sede de Novagalicia Banco.