Indígnate Pontevedra convoca na cidade a manifestación deste domingo contra os abusos da banca

Posted on 23 marzo, 2012 por

0


SELLO


A PLATAFORMA POLO AFORRO PÚBLICO DEMANDA UNHA BANCA PÚBLICA

Indígnate Pontevedra ven de convocar a mobilización contra os abusos da banca e pedindo entidades financeiras públicas que partirá este domingo de Montero Ríos ás 18.30. Dende as 17.30 os cidadáns poderán informarse nas mesas e paneis, así como colaborar co colectivo. Ao rematar a manifestación haberá unha charla-coloquio a cargo do catedrático de economía José Luis Outes.

Este domingo os indignados de Pontevedra saen de  novo a rúa a por de relevo unha vez máis, a necesidade dunha banca pública e a seguir denunciando os abusos que “vimos sufrindo” por parte da banca.

Ás 17.30 estarán xa en Montero Ríos confeccionando pancartas e con mesas e paneis informativos, así como reproducindo “audios nos que se citan os abusos acometidos polas entidades financeiras”. Os cidadáns poden colaborar coa organización da manifestación adquirindo o novo número do xornal indignado, camisetas ou sudaderas 15M. Tamén poderán colaborar asinando na recollida de sinaturas que na Plataforma Polo Aforro Público,

ca que “colaboramos activamente xunto cos outros colectivos que a integran,  xuntamos” para pedir á Fiscalía que actúe de oficio contra os abusos da banca. Esta non é máis que outra medida como a que xa “puxemos vai meses” denunciando a tódalas entidades financeiras con sede na provincia por abusos comercias, e canta máis xente participe “máis esforzos aunamos para esixir o correcto funcionamento destas entidades”.

Ás 18.30 partirase de Montero Ríos deica Marqués de Riestra – Praza San Xosé – Rúa San Xosé – Avda. Augusto García Sánchez – Praza de Galicia -Andrés Muruáis – Peregrina-Michelena – General Gutiérrez Mellado – Riestra e de novo Montero Ríos,  onde se dará lectura ao manifesto . Despois, o catedrático de economía, José Luis Outes, dará unha charla-coloquio sobre as alternativas financeiras, os abusos da banca, a súa culpa na crise, entre outros temas que porán un pouco de luz sobre estas cuestións que “a todos nos afectan e das que non podemos permanecer alleos por máis tempo”.

A Plataforma polo Aforro Público está integrado polo Foro de Interasembleas Galegas do 15M, Attac e nodos de DRY. Indígnate Pontevedra, como membro do Foro Interasembleas, e o organizador da manifestación en Pontevedra.

Poden consultar o comunicado conxunto da plataforma en http://aforropublico.wordpress.com/2012/03/19/convocatoria-de-dia-de-accion-por-unha-banca-publica/