A túa saúde é o seu negocio

Posted on 25 marzo, 2012 por

4



O próximo domingo 15 de abril sairemos de novo á rúa por unha sanidade pública en todo o país. Queremos facer unha marea humana azul, porque a xente é a que acada os cambios. Defende o teu, a túa saúde é o seu negocio!
Marea azul Pontevedra

Adquire a túa camiseta e contribúe así a paliar os gastos de organizar a xornada (carteis, pegatinas, camisetas…). Podes conseguila por 6 euros na Rúa Sarmiento Nº 44 baixo de 10-14 horas e de 18-20 horas (de lunes a venres e sábados pola mañá) e luce a túa camiseta reivindicativa en defensa da sanidade pública.

Non aos recortes nun dereito básico, non á privatización!

En Indígnate Pontevedra traballamos, xunto con outros colectivos da cidade, pola derogación da Lei 15/97 que é a que permite a privatización da xestión da sanidade. Contamos contigo o 15 de abril!

Anuncios
Posted in: Eventos, Marea azul