Manifesto por unha banca pública.

Posted on 26 marzo, 2012 por

0


manifa banca


Nos últimos anos vimos de asistir a dous procesos paralelos. En primero lugar, vimos como estalou unha crise financieira que rematou sendo unha profunda crise capitalista. A orixe desta crise está na creación, nos últimos 20 anos, dun capitalismo financieiro animado pola ideoloxía neolilberal. Neste capitalismo, o beneficio faise mediante a aposta no casino financieiro, mediante a especulación co prezo das accións, derivados e outros productos bolsistas. Esta dinámica do capital financieiro atrapou a toda a economía nunha inmensa burbulla financieira, que en España foi da man da inmobiliaria.

Esta burbulla financieira foi promovida polo capital financieiro, coa complicidade de institucións financieiras internacionais, gobernos nacionais de toda cor e os reguladores nacionais como o Banco de España, que foron aprobando regulacións que promovían e protexían a especulación financieira. Esta atrapou tamén ás caixas de aforro que eran, con 75000 millóns de euros en activos, 7000 empregados e 1100 oficinas, un dos principais instrumentos financieiros para pemes, autonómos e familias. De feito, naceron como un sistema popular de aforro e financiación, libre de usura e que favorecía a economía local. Tería que seguir a ser así, pero foron vaciadas de sentido nos últimos 20 anos, contaminadas polas formas propias do capitalismo financieiro.

En segundo lugar, co estalido da crise financieira e o estoupado da burbulla, o sistema financieiro ameazou con quebrar, e tivo que ser rescatado con fondos públicos, de todos, nunha escala nunca vista antes de dispendio estatal. Pese a isto, a banca non saíu da súa crise, e adícase a tratar de tapar os seus buracos nos balances seguindo no mesmo xogo especulativo. Se antes era cos pisos, agora é coa débeda pública, como vemos e sufrimos de cotío os países do Sur de Europa. A imposición das políticas de austeridade responde só a esixencia  das institucións financieiras para recuperar os cartos que a prezo de usura prestan ós países. De xeito que agora a crise a pagamos os traballadores, que non tivemos culpa dela. A gran banca privada está a aproveitar esta crise e a súa influencia para saír da súa crise a costa de todos.

Ademais, e gracias ó seu poder mediático e de creación de discurso social, estannos a enganar. Por se non fora suficiente a estafa da débeda, agora pretenden quedarse coas caixas, coa excusa de que son deficitarias e a única solución é a súa modernización e reforma, un xeito de dicir, sen  dicilo, a súa privatización. Pero isto é unha excusa. A privatización das caixas é parte do programa político da gran banca dende fai moitos anos. O 60% dos aforros dos españois son un botín moi suculento, co que seguir especulando, creando débeda pública e asfixiando ás economías. E para iso están a empregar todo o seu poder político e mediático, condicionando no seu favor a reforma financieira que está implementando o governo do PP. Esta é a realidade que non imos ver na prensa e televisión, nos medios de comunicación de masas.

Pero nós, hoxe e eiquí, dicimos que hai alternativas. Fronte o discurso neoliberal da privatización, afirmamos que a única solución beneficiosa para todos é a creación dunha banca pública. O 97% das caixas galegas son xa de capital público, a través do FROB. En vez de ser vendidas ó Santander, o BBVA, Popular, ou CaixaBank, deben de ser nacionalizadas. E con ellas os poderes públicos deben promover unha banca pública, con control democrático, adicada á promoción da economía productiva e do traballo, que renuncie á especulación como práctica de negocio.

Pero ademais pedimos responsabilidades. Esiximos que a xustiza investigue a xestión dos antigos directivos das caixas, que deben explicar porque a situación financieira das caixas rematou sendo o desastre que é actualmente. Tamén queremos saber como foron xestionadas as caixas, polo que pedimos unha auditoría pública das súas contas, porque temos dereito, como usuarios e traballadores das mesmas, a saber como foron xestionadas.

E, por último, solicitamos ás autoridades que promovan a  creación de novas caixas de aforro locais, cun funcionamento democrático e unha práctica financiera ética e socialmente responsable, que complemente á banca pública e sirva para por a economía ó servizo das persoas, e non ó revés.

Porque este é o único xeito de saír da crise:

Pola democratización da economía!!

Todos xuntos por outras finanzas para outra economía!!

Por unha banca pública!!