Convocatoria de Asemblea, mércores 28 de marzo.

Posted on 28 marzo, 2012 por

1


SELLO


Este mércores o bo tempo permítenos mudar o lugar da celebración da Asemblea 15M á rúa, na Praza de España e á hora de sempre, ás 20.30h. En vísperas da folga xeral prevista para mañá xoves, o movemento 15M ultimará a súa actuación perante esta convocatoria, así como lle prestará atención a outros asuntos de máximo interese.

Queremos recordar que dende ás oito da tarde, tamén diante do concello, haberá unha sentada silenciosa que demostre o fastío ante o estado actual dos acontecementos que estamos a vivir.

Sen esquecer o ánimo e motivación que seguen a caracterizar a este colectivo, tal e como quedou plasmado na manifestación do pasado domingo en pro dunha banca pública que concentrou a centos de persoas nas rúas pontevedreses, temos o pracer de poder dicir alto e claro: BENVIDA PRIMAVERA INDIGNADA!!

A continuación, poder descargar o arquivo en .pdf da órde do día de hoxe:

ASAMBLEA 27 marzo

Descarga da Acta aprobada da anterior convocatoria de Asemblea:

ACTA_43-12