A folga xeral en Pontevedra segundo o 15-M

Posted on 1 abril, 2012 por

1


SELLO


O 29 de marzo, folga xeral en todo o estado, o movemento cidadán 15-M Pontevedra, uniuse ás manifestacións convocadas dende os diferentes sindicatos durante a mañá do xoves 29 en Pontevedra.

Apoiados na pancarta cuxo lema podía lerse: “Contra a reforma laboral e polo espertar sindical”, os indignados saímos a rúa dende as 9 da mañá para berrar ben alto en contra da reforma laboral.

Participamos deste modo nas tres manifestacións convocadas para a soleada mañá do xoves dende CCOO e UGT por un lado, CIGA por outro e CNT e CGT por outro.

Con moito sentido do humor, moitas ganas de facer ruído e cantar ben alto ás inxustizas movémonos entre a Ferrería e a Praza de España. Alí rematamos a nosa xornada reivindicativa pasadas as dúas e media da tarde e tras a lectura do comunicado de apoio e seguimento da folga.

Dende o movemento 15M Pontevedra queremos felicitar e transmitir a nosa satisfacción polo gran seguimento das protestas. Podendo incluso falar dunha das maiores saídas a rúa en Pontevedra dende hai moito tempo.

E en especial a toda aquela xente que decidiu unirse aos nosos cánticos e berros durante toda a mañá reflectindo o sentir dos que non estamos dispostos a que as diferenzas e a mala praxe se antepoña aos dereitos de todos. Deste modo mantemos que a voz da cidadanía debe escoitarse. O goberno debe paralizar a reforma laboral.

Tamén nos gustaría transmitir a nosa decepción ante a convocatoria de tres manifestacións diferentes segundo o sindicato.  Algo que denota que non se está cumprindo esa unión de todos precisa para seguir adiante nas reinvidicacións. Aproveitamos a presente para desmentir a información vertida polo xornal Diario de Pontevedra o día 30/03/12, ao afirmar que un dos sindicatos convocantes rexeitara o feito de que nos xuntaramos a súa manifestación no momento de chegar Benito Corbal senón que, cando chegamos a dita rúa, decidimos voltar á Praza da Ferrería para volver a adherirnos aos seguintes convocantes. A convivencia entre tódolos colectivos foi absolutamente cordial, respetuosa e en ningún momento houbo lugar a malas interpretacións, agás, claro está, para os consabidos medios de comunicación tradicionais, empecinados en querer ver conflitos onde non os hai.

Por último reiterar a ilusión que se palpou durante toda a xornada. Unha ilusión que amosa unha cidadanía xa esperta que seguirá amosando a súa disconformidade e as súas gañas por conseguir un mundo máis xusto.