Pontevedra vístese este domingo de azul contra a privatizac​ión da sanidade

Posted on 12 abril, 2012 por

7


marea


O vindeiro 15 de abril, Pontevedra súmase á marea azul contra os recortes, o copago e a privatización dun dereito básico e fundamental.

 Indígnate Pontevedra convoca aos cidadáns a mobilizarse en defensa da sanidade este domingo a partires das 18.30h. A manifestación sairá de Montero Ríos, ao carón dar ruinas de Santo Domingo rumbo Praza de España-Michelena-Praza da Peregrina-Daniel de la Sota-Castelao-Cruz Gallástegui-Blanco Porto- Joaquín Costa- Cobián Areal- Benito Corbal-Praza da Peregrina-Michelena-General Gutiérrez Mellado-Riestra, para rematar de novo en Montero Ríos, onde trala lectura do manifesto, haberá dúas charlas informativas sobre a privatización da sanidade e o futuro Hospital de Montecarrasco. Falará Manuel Martín, presidente de SOS Sanidade Pública e Ricardo Castro, secretario xeral de CUT.

Os cidadáns que queiran adquirir a súa camiseta reivindicativa, poderán facelo na Rúa Sarmiento Nº 44 baixo de 10-14 horas e de 18-20 horas (de lunes a venres e sábados pola mañá) polo prezo de seis euros. Os cartos recadados irán destinados a paliar os custes da organización da manifestación como son a impresión de cartaces e octavillas.

Dende o movemento cidadán Indígnate Pontevedra reclamamos a derogación da lei 15/97 que permite a xestión privatizada da sanidade, aprobada cos votos do PSOE e o PP entre outros. Esta lei converte a sanidade nun negocio, no que a calidade pasa a un segundo plano, en aras do beneficio: redúcense os custes, a especialización do persoal, etc, o que provoca un aumento da mortandade respeto dos hospitais públicos. Namentres, os beneficios son privados e o pago das indemnizacións por neglixencias, públicas.

Propoñemos unha gran reforma fiscal para paliar os custes da sanidade, “que os ricos paguen os seus impostos coma os que menos teñen”. Temos unha evasión fiscal do 23% do PIB que pon en perigo un dereito básico do que non se pode recortar máis.

Reiteramos unha vez máis a nosa denuncia sobre o caso concreto do futuro hospital de Pontevedra, do que xa se pagaron 50 millóns para a ampliación de Montecelo. Un hospital que ía custar inicialmente 150 millóns, e agora, ao seguir a futura construción o modelo FPI, nos custará ao redor de 42 millóns anuais, durante 30 anos, aparte do gasto farmacéutico.

Este domingo, será unha xornada única en España, por primeira vez, haberá unha mobilización a nivel nacional demandando unha sanidade pública, á que se suma tamén París.