Sae á rúa

Posted on 11 mayo, 2012 por

2


156467_290794614342492_110343642387591_657633_289840817_n


O 12 de maio saiamos a rúa por unha democracia real, onde sexa o pobo quen decide e non os poderes financieiros.

Saiamos por un mundo máis xusto, saiamos unidos baixo unha mesma voz, o noso futuro depende de nós.

Loita polos teus dereitos, defende o que máis importa, porque outro mundo é posible.

Pagaches poucos impostos? eres responsable da crise? viviches por riba das túas posibilidades? sínteste protexido polo goberno? deixa de preguntarte e actúa, o 12 de maio voltamos á rúa en todo o mundo por un cambio de modelo económico, político e social.

Cada persoa conta, cada acción suma, porque se non loitamos, que teremos mañán?

Móvete o doce de maio, non espertes mañán sen nada, por non loitar.

Ás 18:30 sae a manifestación da alameda baixo o lema UNIDOS POR UN CAMBIO GLOBAL, PORQUE NON SOMOS MERCADORÍA EN MANS DE POLÍTICOS E BANQUEIROS.

Participa, involúcrate… unidos contra a corrupción, unidos pola igualdade, unidos contra a estafa da banca, unidos por unha democracia real.

Este día 12 tomamos as rúas, construamos o noso futuro.

Polos parados, polos desafiuzados, polos enfermos, polos estudantes, polos pensionistas, polos traballadores, polos elefantes, por todos este sábado doce de maio tomamos as rúas.

Participa, fagámolo entre todos e todas.

Contra os recortes, a perda de dereitos, contra o expolio que estamos a padecer, contra esta gran estafa, porque sabemos que os camiños son outros: regulando os mercados, pondo novas normativas á banca e creando unha banca pública ao servizo da sociedade, cunha reforma fiscal, coa persecución do fraude fiscal, con leis duras contra a corrupción, con políticos comprometidos, sen pagarlle a festa ós bancos, coa axuda de todos nós, este sábado 12 de maio tomamos as rúas en todo o mundo, por un cambio de modelo, unidos baixo a bandeira da humanidade, a xustiza, a igualdade, e a dignidade.

O 12 de Maio forma parte do cambio global, a partires das 12 da mañán mesas informativas e actividades na alameda, ás 18:30 manifestación, e ao rematar charlas informativas e micro aberto, terminando con concertos na alameda.

Consulta o programa 12M-15