A frescura democrática do 15-M, por José Luis Vidal Laiño.

Posted on 29 mayo, 2012 por

7




O 15-M é un movimento social importante, plural, cívico, independente, democrático, participativo, horizontal e asambleario, con xente de tódalas idades, especialmente xóvenes,  e sen estar personificado  en ningún partido político ou persoeiro. Un movimento  que aparece  nunha España democrática caracterizada, pola corrupción política, o sometemento da clase política aos mercados insaciables,  o  desmantelamento do Estado do Benestar e a falta dun futuro para unha xeneración de xóvenes ben preparados coma nunca tiveramos   en España .

O 15-M  puxo en evidencia a fractura que existe entre a clase política e a cidadanía. Un movimento que despertou desconfianza tanto na dereita coma na esquerda, porque coas súas denuncias das  da falta dunha Democracia Real, das  inxustizas e do sistema político actual, os estaba sinalando  como culpables da situación a que chegamos e preguntandose ambos ¿quén esta detrás desta marea de indignados?.

Outra característica deste movimento é a falta de participación dos militantes dos partidos políticos tradicionais, coas súas desconfianzas, pero no fondo trátase de que os partidos politicos non participan núnca en aquéles movimentos socias nos que éles non poidan controlar, ésa é a súa particular “democracia participativa” coa que nos estafan.

O 15-M foi un soplo de ideas e de esperanzas nunha sociedade atemorizada , adormecida e dominada polos mercados, por banqueiros insaciables e políticos corruptos sen escrúpulos que se enriqueceron a costa de empobrecer ós máis débiles.

Denunciou  que o capitalismo afastouse da Democracia  e díxonos que a Democracia Real, a Democracia  participativa e responsable, é a nosa arma contra a dictadura.

O 15-M foi unha Revolución amable, sen violencia, xurdida dunha xuventude que dende o poder querían silenciar e criminalizar como unha xuventude  perdida e do “botellón”, dos “perros-flautas”, etc. pero que nos deron unha lección de responsabilidade, e de madurez. O 15-M ensinounos a tomar conciencia de que a Democracia Real, é outra cousa distinta a que nos queren facer crer, porque a que nos queren vender é un TIMO, e por iso conseguiron arrastrar a moitos simpatizantes de tódalas idades unídos por unha só causa: UN MUNDO MELLOR E POSIBLE.

O 15-M foi i é, unha marea de solidariedade en defensa dos máis débiles. Ahí témos aos afectados polas hipotecas que grazas ao 15-M  lograron parar moitos desahucios e lograron alugueres sociais para moitas familias que non quedaron na rúa, ou a dación da vivenda en pago das hipotecas.

Porque puxeron en evidencia  de que a clase política nón nos  esta  a representar, facendo máis de maiordomos dos Mercados e Banqueiros, que en defensores das demandas sociais e tomando medidas inxustas para favorecer aos ricos i empobrecer máis aos pobres.

Con certa tristeza comprobamos de que a xente máis afectada pola crisis, a máis defavorecida, non esta a participar néste movimento , porque  esta amedrentada, adormecida polo medo  que nos meten, día sí e outro tamén . Porque  si ésta xente saíra a rúa, ¡xa veríamos o que pasaría!.

En fin, o 15-M é coma un movimento Constitucional dunha nova Democracia, capaz de canalizar ese malestar da cidadanía e sen violencia. Está reclamando un novo xeito de facer politica, de facer xustiza, ónde a ética política debe ser un buque ensigna, ademais de denunciar o despilfarro e a corrupción.

E unha loita entre os de abaixo e os de arriba, unha  loita de clases. Os de arriba metendonos medo para que non nos movilicemos, para acabar co estado do benestar, para empobrecernos mais e poder enriquecerse das nosas miserias, para desmantelar a sanidade e o  ensino púbrico, para despoxarnos dos dereitos sociais e laborais conquistados durante moitos anos de loita.

O 15-M é un grito de liberdade contra unha clase politica que nos piden sacrificios, que éles non fan.

O 15-M ensínanos que cada acto de resistencia frente as inxustizas, é  e debe ser un estímulo  para seguir adiante..

A  súa labor trouxonos ese aire fresco primaveral   a unha sociedade adormecida i en concreto a nosa cidade de Pontevedra tan falta de cauces de participación.

  GRAZAS!  POR ENSINARNOS A SOÑAR E A CONVENCERNOS DE QUE O SOÑO É POSIBLE.

En Pontevedra a 27 de Maio do 2012.

 José Luis Vidal Laiño.

Anuncios