Convocatoria de Asemblea, mércores 20 de xuño.

Posted on 19 junio, 2012 por

2


SELLO


Na nova convocatoria de Asemblea cidadá prevista para o mércores 20 de xuño, falaremos, entre outros asuntos, da organización da próxima charla informativa que está a xestionar este colectivo, neste caso, coa invitación ao catedrático de Teoría Económica, Jose Luis Outes Ruso, que falará do que debería ser a Banca Pública, tamén sobre os despropósitos de Bankia, e, evidentemente sobre o “marabilloso”  rescate financeiro ao que os nosos gobernantes acaban de darlle a súa aprobación.

Jose Luis Outes é un firme defensor da banca pública e de calidade. Convencido anticapitalista e, tamén, un defensor do “Decrecemento Sostible”. É unha persoa que ten un discurso moi lóxico e apto para tódolos públicos. Ademáis exprésase de maneira moi amena conseguindo enganchar ó auditorio e divertilo, algo complicado cando se tratan temas que de entrada parecen tan densos e complicados. O seu fin é dar unha mensaxe para que a economía poda ser entendida por todos, e non por unha selecta minoría.

Recomendámosvos encarecidamente non perdades esta ocasión de vir a escoitalo.

Así mesmo, recordade que a Asemblea será no horario habitual, ás 20:30h na Plaza de España e, no caso de choiva, no baixo do local de sindicatos, na rúa Pasantería (frente ao Mueso Provincial).

A continuación, podes descargar a Órde do Día prevista para hoxe.

ASAMBLEA 20 de junio