Charla por unha banca ao servizo dos cidadáns

Posted on 22 junio, 2012 por

9


523655_260987007323253_1834327443_n


Este serán, ás 20.00 horas, agradámosvos na Praza de España para asistir a conferencia-debate do catedrático de Teoría Económica, Don Jose Luis Outes Ruso, que nos falará do que debería ser a Banca Pública, tamén sobre os despropósitos de Bankia, e, evidentemente sobre o “marabilloso” do rescate financeiro ao que os nosos gobernantes acaban de darlle o sí.

Moitos de vós xa pudéstedes escoitar a este poñente despóis da Manifestación por unha banca pública do pasado 25 de Marzo.

Jose Luis Outes é un firme defensor da banca pública e de calidade. Convencido anticapitalista e, tamén, un defensor do “Decrecemento Sostible”. É unha persoa que ten un discurso moi lóxico e apto para tódolos públicos. Ademáis exprésase de maneira moi amena conseguindo enganchar ao auditorio e divertilo, algo complicado cando se tratan temas que de entrada parecen tan densos e complicados. O seu fin é dar unha mensaxe para que a economía poda ser entendida por todos, e non por unha selecta minoría.

Recomendámosvos encarecidamente non perdades esta ocasión de vir a escoitalo. Venres 22 de xuño, ás 20.00 h na Praza de España de Pontevedra.

Etiquetado:
Posted in: Eventos