Convocatoria de Asemblea, mércores 27 de xuño.

Posted on 27 junio, 2012 por

0


SELLO


Na nova convocatoria da Asemblea cidadá prevista para o mércores 27 de xuño, falaremos, entre outros asuntos, da nosa participación no vindeiro Foro Interasembleas do 15M de Galicia, da marcha a Madrid, da difusión ou do noso xornal. Se estades

Así mesmo, recordade que a Asemblea será no horario habitual, ás 20:30h na Plaza de España e, no caso de choiva, no baixo do local de sindicatos, na rúa Pasantería (frente ao Mueso Provincial).

A continuación, podes descargar a Órde do Día prevista para hoxe.

Orde Asemblea 27 xuño

INVITACIÓN OBRADOIRO: Consumo responsable (de balde)

Aproveitamos para invitaros ao Obradoiro de Consumo responsable que este sábado (30 de xuño) organiza a ONG Amarante para o colectivo Indígnate Pontevedra de 18.00 a 21.00 horas no seu local, ubicado na Rúa San Román, 9  (ao lado da praza da Verdura. Apuntaros enviando un correo a indignateponte@gmail.com indicando o voso nome e apelido. Accedede ao evento de Facebook aquí.