Borrador de medidas para o Concello e Sindicatos para mitigar os danos da crise, por Enrique Pérez.

Posted on 24 julio, 2012 por

4


Otras propuestas


Bloques de medidas:

  • 1.- Medidas  tributarias
  • 2.- Medidas para mitigar unha posible malnutrición e dificultades económicas
  • 3.- Medidas de Insumisión
  • 4.- Medidas en favor del emprego
  • 5.- Creación dunha plataforma de acción cívica

Este documento non pretende ser un bloque cerrado de medidas propostas polo 15M, tamén deixa de lado moitas medidas que supoñemos quedan fora das posibilidades locais xa que son competencias da Xunta de Galicia ou do goberno do Estado.

O documento é un ensaio para que todas as forzas vivas dentro da cidade reflexionen dende un punto de vista construtivo sobre o que se pode facer para intentar mitigar os efectos da crise sobre os cidadáns con máis necesidades e construír unha perspectiva de futuro lonxe da visión pesimista que ten a sociedade actualmente.

Somos conscientes de que o documento non é suficiente, pero é un principio no que todos debemos aportar, con principios de eficiencia, xustiza social e sen disparar os custos.

1.- Medidas  tributarias

1.1- Redución de tributos a colectivos en risco.

Identificación de colectivos  en situación de pobreza:

–      Unidades familiais que teñan tódolos seus membros en situación desemprego e as súas rendas sexan inferiores a 5.150€/ano (429€/mes) por membro familiar excluídos o maiores de 25 anos.

–      Traballadores ou pensionistas que a súa renda este por debaixo do mínimo persoal 5.150€/ano. (429€/mes).

Colectivos en situación de dificultade económica:

–      Unidades familiares que teñan un renda inferiores o SMI 8973,60€/ano (748,30€/mes) e maiores a 5.150€/ano  por membro familiar excluídos os maiores de 25 anos.

–      Traballadores ou pensionistas que  teñan un renda inferiores o SMI 8973,60€/ano (748,30€/mes) e maiores a 5.150€/ano.

Os impostos a nivel estatal son progresivos según o nivel de renda pero non así os impostos de nivel municipal e as taxas locais. A presión impositiva esta desequilibrado en tódolos concellos de España e iso deberíase reverter facendo descontos no IBE, a taxa do liso e  no canón da auga.

O mesmo que os pontevedreses temos un recargo no IBE do 25% nas vivendas desocupadas, os colectivos en situación de pobreza deberían ter un desconto non inferior ao dobre nese porcentaxe (50%), e os colectivos con dificultades económicas un desconto do 25%.
Este principio de desconto nas taxas locais debería extenderse nos bens máis básicos como e a taxa de lixo e auga.
Esta redución e unha aplicación do artigo 31.1 da Constitución Española que di que tódolos cidadáns contribuiremos ó sustentamento dos gastos públicos de acordo coa nosa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade progresividade que en ningún caso, terá alcance confiscatorio.

1.2  Axuste na taxa do saneamento e auga.

Neste momento o recibo de Aquagest no referinte o saneamento e auga da cidade de Pontevedra contempla un concepto fixo de prestación de servizo  e outro de mínimo de consumo de 15m3/bimestre (15.000 litros de auga o bimestre).
Este sistema de tarificación é moi inxusto xa que fai que os Pontevedreses, según a OC,  teñamos un gasto en auga e saneamento superior a media Española a pesares de ter un recuso moi barato a nosa disposición. Tamén fomenta o derroche de auga e  é moi inxusto xa que non diferencia un uso de necesidade básica doutro como pode ser encher unha piscina.

Por iso a nosa proposta é:

–      Eliminar os mínimos de consumo.

–      Fixar unha cuantía baixa para os primeiros 100 litros persoa e día por vivenda.

–      Fixar unha cuantía para o exceso de consumo que penalice o derroche.

Estas medidas conseguirían reducir o consumo de auga e as necesidades na rede de sumidoiros como xa pasou en tódalas cidades onde se levou a cabo, premia ós cidadáns que consumen só os recursos que precisan e pode mitigar a subida do IVE o 10% e novo canón da Xunta de Galicia. O mesmo tempo non ten porque baixar o importe da taxa xa que o derroche compensaría a baixada de prezo para a maioría dos pontevedreses.

1.3  Reducir a exención de pago do IBE.

Non é unha medida allea neste momento, alcaldes de toda cor política estano a facer. É máis, descoñecemos se xa está nos plans da corporación. A lei de Mecenado e a de o Concordato de 1979 exclúen as instalación de uso relixioso pero non has propiedades como vivendas e locais comercias, por iso unha forma de conseguir recursos para o concello para destinar a labores sociais. Dase unha polémica infundada de que o IBE sería un retraemento do gasto de Cáritas, pero esta ONG xa respondeu que se desvinculaba dese custe xa que o 70% do seu presuposto proven de doazóns particulares.

2.-  Medidas para mitigar unha posible malnutrición e dificultades económicas.

As ONG na última reunión do 17 de xullo comunicaron o aumento das peticións de alimentos por parte de colectivos desfavorecidos e afectados pola crise económica.

2.1  Axuda directa ás ONG.

Creemos que ningún pontevedrés oporase a que o orzamento ao benestar social aumente en detrimento de melloras viais, festas e outros investimentos do concello para tapar no posible as necesidades de alimentos do colectivo en situación de pobreza.

2.2  Tarxeta de desconto no comercio local.

O colectivo descrito máis arriba como colectivo con dificultade económica, poderíase ver beneficiado dunha colaboración directa entre as ONG, o concello e os empresarios de Pontevedra. A expedición por parte do concello dunha tarxeta renovable anualmente para persoas con recursos económicos limitados e unha rede de empresarios que queiran colaborar con descontos sobre o seu prezo oficial ás persoas que presenten esta tarxeta, pode ser beneficioso para tódalas partes.

Os empresarios poderíanse beneficiar da publicidade positiva de estar incluídos nesta rede, aínda que os beneficios por unidade vendida baixarían, contarían cunha clientela fixa que probablemente, cando a súa situación económica mellore, seguiría comprando no seu establecemento.

 2.3  Rede de troco.

Na nosa sociedade de consumo adquirimos moitos bens que pasado un tempo deixamos de usar e normalmente terminan no lixo. Hai iniciativas en redes sociais para non tirar eses bens e doalos ou trocalos pero, tristemente, non todo o mundo pode acceder á rede, e ademáis o sistema morrería de éxito para un número de usuarios que representase o 10% da poboación de Pontevedra.

 Por iso, se o concello facilitase un lugar seguro con apertura dun día a sema, co compromiso de que se nun mes os obxectos alí depositados non tivesen saída vía troco ou doazón os retirasen, poderíase cubrir a demanda de certos bens que doutra forma terminarían no lixo simplemente por non darlle uso.

Agora mesmo isto xa esta funcionando en dous perfís de facebook na cidade de Pontevedra pero esta lonxe de chegar aos verdadeiros beneficiados dunha medida similar.

2.4  Reproducir a iniciativa do banco de alimentos.

O area de Benestar social de Reux e a fundación banco de alimentos firmaron un convenio para recuperar os alimentos a piques de terminar a data de caducidade que os supermercados tiran. Esta actividade xa tivo a premio Integra do BBVA xa que a empresa privada emprega a traballadores con discapacidade intelectual. Recomendamos revisar a información directamente da fonte: http://www.bancdelsaliments.org/es/banco_de_los_alimentos/

3.- Medidas de Insumisión

Según o Faro de Vigo no primer trimestre de 2012 levamos en Pontevedra 340 execucións hipotecarias que  representa un 53% máis que no mesmo período de 2011 e un 448% máis que en 2008. Neste primer trimestre temos 7 expulsión forzosas de domicilio o día na provincia. Esta é a realidade social dos cidadáns cos bancos. O problema de quedar excluído da sociedade por simplemente comprar unha casa e perder o posto de traballo sen ser responsable, é un feito de inxustiza que non debe ser tolerado.

3.1  No colaboración por parte de las forzas públicas en desafiuzamento sen dación en pago.

Aínda que os a encargada de levar a cabo un desafiuzamento forzoso, ou eufemísticamente chamado lanzamento, é responsabilidade da policía nacional, polo que sería moi convínte que o concello comunicase que a policía local non vai colaborar nos desafiuzamentos, non conlevan a dación en pago da débeda contraída coa entidade bancaria. Esta medida xa se levou a cabo por algún alcalde en territorio nacional para facer máis visible o problema de quedar sen casa e excluído socialmente por quedar cunha débeda impagable ó dispararse a mesma con intereses de mora.

3.2  Informar ós cidadáns afectados pola subida de impositiva.

Os servizos prestados polas concesionarias do concello van repercutir a subida de impositiva  do IVE, como Aquagest e Serviocio, e o novo canon de saneamento da xunta. Moitos cidadáns aprecian a subida dos servizos pero non pasan de ver un incremento do prezo, por iso é importante facerlles saber cal é o motivo principal. No caso de Servicio, ten que quedar claro que non é só a subida do IVE senón tamén o cambio do tipo impositivo de reducido a xeral. Así mesmo informar ós afectados da subida do imposto de bens inmobles que segue a ser un cálculo feito por valor da vivenda en non por rendas, facendo que persoas cuxa vivenda herdada no centro da cidade, paguen unha proporción impropia do seu soldo para este imposto. Que suba o IBE nunha situación de baixada xeral dos prezos de mercado da vivenda no é xusta e máis cando e moi difícil desfacerse da vivenda para pagar as débedas pendentes, ou adquirir outra máis económica e recuperar algo do aforro invertido na mesma.

 4.- Medidas en favor del emprego.

O propio alcalde nunha entrevista ó Diario de Pontevedra cifra o paro previsto na cidade en 10,000 persoas pola diminución de actividade prevista pola descenso do consumo local.

4.1  Creación dunha bolsa de emprego.

A creación dunha bolsa emprego parece necesaria. Un emprego que non dispare os orzamentos pero que estea remunerado a lo menos polo SMI ou a tempo parcial para que xóvenes e parados de longa duración melloren a súa economía e o seu curriculum.

4.2  Campaña de publicidade a favor dos beneficios do comercio local.

Os beneficios do comercio local no que se refire a redución de emisión de CO2, fomentar o emprego na comarca, calidade nos produtos, xestión de garantías… é clara. Falta unha aposta firme das empresas por darse a coñecer e publicitar os beneficios de ter asesoramento cércano, ter o arbitraxe de consumo, estar adherido a plans de boas practicas empresariais, expor os produtos fabricados en España diferenciados dos non nacionais… para que os consumidores responsables teñano máis fácil e máis persoas entren no camiño do consumo responsable.

4.3   Fomento do cooperativismo.

Hai persoas con boas ideas e con uns aforros suficientes que asociados poden iniciar negocios,  pero non hai asesoramento gratuíto sobre os instrumentos para iniciar un empresa de tipo cooperativa. Non sempre é a falta de financiación a primeira barreira para iniciar un bo negocio senón que non se atopa o asesoramento adecuado.

4.4  Creación dun servizo de asistencia domiciliaria.

Esta medida está a cabalo entre creación de emprego e a prevención de problemas de abandono familiar. Hai persoas de idade avanzada sen unha supervisión básica, que con unha visita semanal para ver o seu estado de saúde, o estado da súa vivenda e un asesoramento adecuado, mellorarían a súa calidade de vida. Unha taxa reducida costeada en parte polo concello podería cubrir este servizo de prevención.

O noso colectivo ten unha vocación integradora e de traballo en común, hai iniciativas de cooperativismo, de traballo local e de consumo responsable que poden facer medrar o comercio local, mais cremos que son os sindicatos, empresarios e os colexios profesionais os que deben facer medrar este bloque. As nosas propostas son un exemplo para que ditos colectivos fagan as súas, que seguro serán moito mellores, pero como nada saíu da reunión animámonos a sacalas.

5.- Creación dunha plataforma de acción cívica.

5.1  Creación de un marco común ideolóxico.

Hai unha realidade innegable, os colectivos que nos xuntamos na última reunión co concello e os que non viñeron, temos puntos discordantes. Isto non ten porque ser un problema se non que queremos que así sexa. É unha cuestión de vontade, aínda que temos diferencias podemos chegar a puntos de consenso simples, e sen que ninguén se salga dese marco, facer actividades sen  perder a identidade diferenciada de cada grupo.

5.2  Creación de un grupo coordinador.

Sindicatos, agrupacións veciñais, partidos, 15M, colectivos empresarias … facendo accións por separado perdemos forza. Hata agora se daba a circunstancia de que cada grupo facía actos por separado, aínda que en conxunto saía moita xente non se producía un efecto forte sen que se produzan as sinerxias propias dunha acción coordinada. Se existise un grupo coordinador, o esforzo para realizar calquera acción será menor e as persoas implicadas nela serán maiores.

5.3  Calendario común de actuacións.

Entendemos que hai accións que encaixan máis con cada tipo de colectivos pero non todas poden ser compartidas, aínda así creemos que pode xerar sinerxias se as acción que un grupo decida facer pola súa conta teña publicidade en tódolos demais.  Vía redes sociais, tabloide de anuncios ou calquera outro medio de comunicación.

Aínda que na reunión o Sr. Lores dixo que Pontevedra non estaba quente para mobilizacións masivas porque faltaban colectivos concretos, nós pensamos que sí se pode quentar á cidade. Parte de que non esté quente é responsabilidade de tódolos colectivos pois facemos demasiadas protestas separadas sen forza. A nosa sensación dende a rúa é que os cidadáns xa non poden máis e que están á espera de que haxa algo claro e conciso.

Enrique Pérez.