SEMANA EUROPEA DA LOITA: QUE NON CONVERTAN A NOSA SAÚDE NUN NEGOCIO

Posted on 30 septiembre, 2012 por

0


487811_4180588309823_417030912_n


Por toda Europa, independentemente de quen goberne, e coa complicidade de todo tipo de asociacións e sindicatos subvencionados, os sistemas públicos de saúde están a ser deteriorados e desmantelados: as súas partes rendibles privatízanse e, o resto, estase a transformar nun modelo de baixa calidade, similar aos antigos de beneficencia.

Por moito que certos sectores anuncien que se gobernan retornaremos ao “estado de benestar”, non é posible; xa caeron as caretas, os políticos non deciden nada e as transnacionais financeiras decidiron converter no seu negocio a nosa saúde, a educación…O problema é o sistema capitalista, e só acabando con el teremos asegurados servizos públicos de calidade para todos e todas.

Do 1 ao 6 de outubro en varios países europeos (Alemaña, Bélxica, Francia, Grecia, Eslovaquia, España, Irlanda, Polonia, etc.), levaranse ao cabo accións e mobilizacións contra o desmantelamento e a privatización dos sistemas públicos de saúde. Tócanos a traballadores, parados e excluídos, organizarnos e saír á rúa para defender o que é noso e reclamar o seu control: queremos sistemas sanitarios do pobo e para o pobo, sen influencia das multinacionais do sector e que actúen de verdade contra os determinantes da enfermidade.

Na nosa cidade estanse a organizar unha semana de charlas informativas e outras accións que culminarán o sábado 6 de outubro cunha gran manifestación en Vigo. A continuación, tedes a axendsa programada para a semana:

PROGRAMACIÓN DAS CHARLAS:

  • LUNS 1 DE OUTUBRO, 19:30 horas. Salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII  Nº-3 Pontevedra.“AS DERRADEIRAS REFORMAS LABORAIS, CAMIÑANDO CARA A ESCRAVITUDE”.
  • MÉRCORES 3 DE OUTUBRO, 20:00 horas. Salón de Actos do edificio Sindical. Rúa Pasantería nº1 Baixos. “SUSTENTABILIDADE NA EXPLOTACION FORESTAL DO MONTE GALEGO”. Por Benito Andrade. Biólogo, profesor de Bioloxía e Xeoloxía no I.E.S. Valle-Inclán.
  • VENRES 5 DE OUTUBRO, 20:00 horas. Salón de Actos do dificio Sindical. Rúa Pasantería Nº-1 Baixos. “O AVE DEIXARÁ A GALICIA SEN TREN”. Por Fernando Gómez Camarero. Enxeñeiro Técnico e Coordinador Xeral de “Salva o tren”.
  • SÁBADO 6 DE OUTUBRO, ÁS 18:30 HORAS,  MANIFESTACIÓN POLA DEROGACIÓN DA LEY 15/97, ¡BASTA XA DE ENGANOS!. SAIDA DENDE O MERCADO DO CALVARIO-VIGO ÁS 18:30 HORAS, CHEGADA A PORTA DO SOL –VIGO-.

ORGANIZA: Cas-Galicia (RAAS), 15M – Indígnate Pontevedra, CNT, CGT e “Salva o tren”.

 Máis info: https://raas15a.wordpress.com/galicia 

Por favor, difundide entre os vosos contactos.