14N: Folga Xeral e de Consumo. ¡¡Non te resignes: toma a rúa!!

Posted on 12 noviembre, 2012 por

6


558777_401721596566106_124528984_n


O movemento cidadán 15M-Pontevedra, acordou na derradeira Asemblea, facer un chamamento á poboación para participar de forma activa na xornada de loita do 14 de novembro.
Nesta data, sindicatos e movementos sociais de toda Europa: España, Portugal, Grecia, Italia, Bélxica, Malta, Chipre e agora Francia, declararon unha Folga Xeral e de Consumo contra a “Troika” que manda a CE e os poderes financeiros e políticos que queren facer recaer “a súa Débeda” en toda a poboación, servíndose da dificultade que atravesan os estados para recortar os dereitos sociais e políticos, ademáis dos dereitos nacionais dalgúns pobos do estado. E iso si, sen pedir responsabilidades a todos os que a crearon (incluíndo á orixinada en EUA): no noso país, aos Gobernos, ao supervisor Banco de España, aos Bancos e Caixas, especuladores inmobiliarios e políticos cómplices que, enriquecéronse e inflaron a burbulla inmobiliaria. O resultado foi un rastro de débedas financeiras, corrupción política, hipotecas infladas, paro, desafiuzamentos e un futuro para os mozos sen esperanza.
Esta é unha Xornada de loita atípica que afecta a tod@s: estudantes, traballadores, autónomos, parados ou inmigrantes, amas de casa ou xubilados, porque afecta aos dereitos sociais e económicos do 99%: é unha loita que reivindica cambios políticos. Por iso chamamos a Tomar a folga, a ser partícipes e Tomar o noso futuro. Por iso son necesarios todos os métodos e formas de protesta: folgas, asembleas en empresa, declaracións e impresión de panfletos e colgadas de pancartas, folga de consumo de bens e servizos, manifestacións, marchas propagandísticas, piquetes e sentadas sinalando os responsables: O importante é tomar a rúa e facer oír a nosa protesta: Non te resignes!!.

En Pontevedra o 15-M chama a participar nas diferentes manifestacións e marchas cidadás organizadas, e a concentrarse ás 11:00h. na Pl. da Ferraría baixo o lema: Non te resígnes: Toma a rúa. Tras a lectura do manifesto fronte á Subdelegación do Goberno, levarase a cabo un micro aberto á cidadanía, na que os asistentes poderán expoñer o motivo da súa indignación e todo aquilo que consideren oportuno.
Ademais, para mostrar noso rexeitamento á política económica actual, apostamos por unha folga de consumo na cidade, que consiste en non adquirir ningún tipo de ben, produto ou servizo para poder paralizar a produción das grandes empresas, bancos e multinacionais. Implica, tamén consumir a mínima cantidade de electricidade e auga, desprazarse en transporte público, evitar o consumo telefónico, o uso de tarxetas, non comprar en grandes almacéns, centros comerciais, supermercados, bancos nin gasolineiras. Esta folga de consumo inclúe persoas que non poden facer a folga tradicional por varios motivos. Un pode ser non ter traballo computable, outro estar en situación de desemprego ou aínda tendo traballo, a precariedade deste non permite asumir un día de paro. Porque coa folga de consumo podemos incluír máis xente premendo onde máis lles doe, o diñeiro, cremos que este tipo de folga é importante e hai que potenciala.

¡¡TEMOS QUE LOGRAR QUE ESTA FOLGA SEXA UN ÉXITO ROTUNDO!!

  • Pola defensa dos nosos dereitos económicos, sociais e políticos.
  • Polo dereito á vivenda: guerra aos seus responsables e esbirros.
  • Pola repartición do traballo e a riqueza e unha RENDA BÁSICA.
  • Non ao pagamento de “a súa débeda”: Non debemos. Non pagamos.

¡¡NON TE RESIGNES: TOMA A RÚA!!