Concentración en Pontevedra: Non á masacre en Gaza

Posted on 19 noviembre, 2012 por

2




Este mércores, 21 de novembro darémonos cita na Praza da Peregrina ás 20h., para amosar o noso rexeitamento aos crímenes israelís na franxa de Gaza que se están a producir na última semana coa complicidade da comunidade internacinal. Para elo, faremos unha concentración con micro aberto no que poderá participar todos cantos cidadáns e colectivos sociais queiran expresarse, e remataremos o acto ca lectura do comunicado que segue a continuación:

Dende o colectivo cidadán 15M-Pontevedra, condenamos firmemente a ofensiva israelí lanzada contra a poboación civil da Fraxa de Gaza. Queremos amosar o noso profundo rexeitamento ante estes novos crímenes de guerra perpetrados polo exército israelí. Ante o temor dunha nova ofensiva de envergadura como a coñecida baixo o nome de Operación Plomo Fundido, iniciada a finais do 2008, na que asesinaron impunemente a máis de 1.400 civís palestinos; dirixímonos aos gobernos locales, autonómicos e central do Estado español, para esixirlles que condenen públicamente os asesinatos cometidos polo goberno de Metanyahu, tomen as sancións ao seu alcance contra o Estado sionista, incluíndo a ruptura de relacións diplomáticas, de cooperación e comerciais, e que adopten ás medidas encamiñadas a procesar aos responsables de ditos actos de barbarie.

Asímenso, expresamos a nosa porfunda indignación ante a manipulación informativa á que se están prestando boa parte dos medios de comunicación internacionais, incluíndo os medios españois. Consideramos que é unha falta de ética profesional que en lugar de recurrir a fontes fiables, como son as axencias da ONU presentes en Palestinas, os medios reproduzcan sen filtrar nin contrastar, a propaganda do estado ocupante responsable destos ataques criminais, convertíndolles en cómplices do Estado Israelí, reforzando a impunidade da que goza os dirixentes dun país que asesinan a civís para conquistar ao electorado, como xa pasou no ano 2008-2009. As forzas sionistas non poden enganar a ninguén: foron as forzas aéreas israelís as que romperon a tregua auspiciada por Egipto, ao lanzar unha serie de bombardeos masivos que saldáronse coa morte, ao día de hoxe, dun centenar de palestinos, entre eles, 24 menores, diez mulleres e doce anciáns.

O uso desproporcionado da forza armada contra a poboación civil e as execucións extraxudiciais, constitúen crímenes de guerra que deben ser condenados. Asímesmo, a comunidade internacional debe cumplir a súa obriga de protexer á poboación palestina asediada na franxa de Gaza, maioritariamente, constituída por persoas menores de idade e refuxiados.

Facemos este acto de protesta e solidaridade co pobo palestino para decirlles que non están sós. Que en tódolos recunchos de Europa, contan co apoio de persoas comprometidas cos dereitos humáns e a dignidade das persoas, e que as nosas voces escoitaranse ata que se retiren dos territorios ocupados dende o ano 1967 e permitan aos refuxiados palestinos exercer o seu dereito de retorno na súa terra de orixe.

BASTA XA DE CRÍMENES DE GUERRA ISRAELÍS NA FRANXA DE GAZA

NON AO XENOCIDIO DO POBO PALESTINO

Anuncios