Actos previstos en Pontevedra o 12 de Maio, XUNTOS PODEMOS!

Posted on 8 May, 2013 por

0




A crítica ao decadente sistema político e o aberrante sistema económico, continúa dende o colectivo cidadán 15-M Pontevedra coa conmemoracoión do seu segundo aniversario. Por elo, queremos  convidar a todos os cidadáns e colectivos sociais da nosa cidade a participar nos actos previstos para vindeiro domingo 12 de Maio de 2013.

 

No movemento 15M pensamos que a débeda privada contraída irresponsablemente pola banca é, entre outros factores, a causa pola que na actualidade, a población, a través dos contínuos e brutais recortes e a supresión indiscriminada de dereitos fundamentais, está sendo obrigada a contrarestar inxustamente e de maneira impositiva tal aberración financieira.

 

Por elo, imos levar a cabo unha xornada no que conmemorar o segundo ano do xurdimento desta conciencia colectiva, para seguir afirmando que esto non é unha crise, é o sistema, e temos que mudalo.

 

O 12M contamos con todos vos na Alameda para que podamos expresar con total liberdade todo canto estimedes oportuno. Os actos previstos son:

 

  • 14:00 h: Xantar popular: comida de traxe na Alameda.

  •  18:00 h: Micro aberto á cidadanía: CONVIDÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES E TEÑADES

  • 18:30 h. Homenaxe a José Luis Sampe

  • 19:00 h.  Asemblea cidadá.

  1. Logros e experiencias.

  2.  Que queremos e o que nos une

  3. Cauces de participación e loita.

 

  • 20:00 h: Berro mudo.