Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Posted on 20 enero, 2012 por

5



Ante o a anuncio da nova Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera de que se vai a obrigar aos medicos galegos a xubilarse obrigatoriamente aos 65 anos e dado que os plans do goberno do PP é de só repor o 10% das vacantes a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública e profesional que:

1.- Esta medida supón un novo e brutal recorte de recursos sanitarios da sanidade pública galega, que pode afectar de xeito importante á atención sanitaria da poboación. Mentres se pretende xubilar de xeito obrigatorio a ao redor de 1.900 médicos, só reporanse uns 200 das prazas que queden vacantes, o que suporá unha redución neta de 1.700 facultativos, é dicir 14% da actual plantilla.

2.- A gravidade do recorte pódese comprender se analizamos que a poboación en Galicia é unha das máis envellecidas do Estado (22,5% e precisa tres veces máis asistencia) e dispersa (a maior de España), o que precisa dispor de máis medicos que a media española para garantir o acceso á atención da poboación en condicións de tempo e equidade razoables. A vontade de recortar recursos asistenciais evidenciase en que se adianta a xubilación obrigatoria aos medicos mentres que se atrasa aos 67 ao resto da poboación.

3.- Paradoxalmente adiántase a xubilación a un gran número de profesionais con capacidade para poder seguir traballando mentres se limita o acceso ás súas prazas aos novos profesionais (de formación MIR) que terán que volver emigrar fóra de Galicia CCAA para poder traballar. Isto supón un dispendio de esforzos formativos e unha perda irreparable de recursos a medio prazo para a CCAA.

4..- Esta decisión supón un novo incumprimento e cambio de rumbo na Consellería de Sanidade dado que a anterior Conselleira , Pilar Farjas, levo ao Parlamento de Galicia o pasado mes de setembro , unha proposición aprobada por unanimidade, para que os médicos puidesen alargar voluntariamente a idade da súa xubilación máis aló dos 65 anos como parte dun Plan de Ordenación de Persoal que garantise a continuidade asistencial dos dispositivos do Sergas

Manuel Martin Garcia, Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Posted in: Blog, Marea azul